Jonathan Melvoin

músico estadounidense

Jonathan David Melvoin, nado o 6 de decembro de 1961 nos Ánxeles e finado o 12 de xullo de 1996 na cidade de Nova York, foi un teclista estadounidense activo durante os anos 80 e 90.

Jonathan Melvoin
Data nacemento6 de decembro de 1961
Nado enOs Ánxeles (California)
Falecemento12 de xullo de 1996
 Nova York
Causasobredose
SoterradoLincoln
IrmánsSusannah Melvoin e Wendy Melvoin
Ocupaciónmúsico, teclista, percusionista e cantante
Instrumento(s)teclados
Relacionado conThe Smashing Pumpkins, The Revolution, Wendy & Lisa
Na rede
Musicbrainz: c180f3f2-2f1b-4a07-9692-7aaa3934fae1 Discogs: 272129 Allmusic: mn0001556439 Find a Grave: 6726052 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Era o irmán de Susannah e Wendy Melvoin da banda Prince and the Revolution. Primeiro aprendeu a tocar a batería, e actuou con varias bandas de punk rock nos 80 coma The Dickies, e tamén contribuíu co proxecto Wendy & Lisa, así como con Prince and the Revolution no seu álbum Around the World in a Day. No intre da súa morte era teclista de xira de The Smashing Pumpkins, durante a súa presentación mundial do álbum Mellon Collie and the Infinite Sadness.

Morreu en Nova York debido a unha sobredose de heroína cando tiña 34 anos. O batería de The Smashing Pumpkins Jimmy Chamberlin, que estaba con el, tentou revivilo sen éxito. Hai moito misterio e especulacións sobre o que realmente pasou. Os operadores do 911 aconsellaron a Chamberlin poñer a cabeza de Melvoin na ducha nun intento de revivilo mentres non chegaban os médicos. Melvoin foi declarado morto no lugar. Chamberlin sería posteriormente despedido da banda. Segundo a mesma, ambos xa tiveran algún incidente coas drogas anteriormente. Melvoin xa fora despedido, pero estaba continuando a xira con The Smashing Pumpkins ata o final desa parte da mesma. O seu reposto ía ser Dennis Flemion de The Frogs. O seu derradeiro concerto foi no Capital Centre en Landover, Maryland.

Os membros de The Smashing Pumpkins non foron convidados ao seu enterramento. Jonathan deixou unha muller e un neno. Moitos temas inspiráronse na súa morte, coma "Angel" de Sarah McLachlan, "Jonathan" de Wendy & Lisa e o tema de Prince "The Love We Make" do seu álbum Emancipation.