Jonas Brothers

banda masculina estadounidense

Os Jonas Brothers son unha banda masculina estadounidense formada en 2005, que gañou a súa popularidade pola súa participación na canle Disney Channel. No verán de 2008 protagonizaron a película orixinal de Disney Channel Camp Rock, así como a súa secuela, Camp Rock 2: The Final Jam.

Jonas Brothers
OrixeWyckoff, Nova Jersey,
Período2005 - actualidade
Selo(s) discográfico(s)Columbia, Hollywood, Jonas
Na rede
https://jonasbrothers.com
IMDB: nm2635467 Rottentomatoes: celebrity/jonas_brothers
Facebook: JonasBrothers Twitter: jonasbrothers Instagram: jonasbrothers Tumblr: jonasbrothers MySpace: jonasbrothers Youtube: UCFvXnyAhluG3sa6p3eOs_LA TikTok: jonasbrothers Souncloud: jonasbrothers Spotify: 7gOdHgIoIKoe4i9Tta6qdD iTunes: 114342891 Last fm: Jonas+Brothers Musicbrainz: 6e019bc6-5c23-4935-94f0-4a896631d846 Songkick: 110449 Discogs: 674292 Allmusic: mn0000548397 Deezer: 15888 Genius: Jonas-brothers Editar o valor em Wikidata

O grupo está formado por tres irmáns procedentes de Nova Jersey: Paul Kevin Jonas II, Joseph Adam Jonas e Nicholas Jerry Jonas, coñecidos simplemente por Kevin Joe e Nick Jonas, e ata o de agora publicaron catro álbums: It's About Time, Jonas Brothers, A Little Bit Longer e Lines, Vines and Trying Times, aínda que xa fixeron pública a súa intención de sacar un novo disco para 2012, pero afirmando que non teñen presa.

No ano 2008 foron nomeados na 51ª cerimonia dos Premios Grammy na categoría de Mellor Novo Artista e gañaron o de Artista Revelación nos American Music Awards. Datos de maio do 2009, antes da publicación de Lines, Vines and Triying Times, revelan que venderan arredor de oito millóns de discos en todo o mundo.

Traxectoria editar

Orixinarios de Wyckoff, Nova Jersey, a banda está formada por tres irmáns: Kevin Jonas, Joe Jonas e Nick Jonas. No seu primeiro ano participaron en diversas xiras, como abreconcertos de Kelly Clarkson, Jesse McCartney, Backstreet Boys, Joey Page e The Click Five e a final de ano nunha campaña antidroga con Aly & AJ e as Chettah Girls. A comezos de 2006 foron os abreconcertos de The Veronicas. No verán de 2008 participaron no filme Camp Rock. O grupo gravou catro álbums: It's About Time, Jonas Brothers, A Little Bit Longer e Lines, Vines and Trying Times. En 2008 o grupo foi nomeado ó premio ó mellor artista novo nos Premios Grammy e gañaron o premio ó artista revelación dos American Music Awards. Ata a data venderon máis de oito millóns de discos en todo o mundo.