Joensuun Kiekko-Pojat

(Redirección desde «Jokipojat»)

O Joensuun Kiekko-Pojat ou JoKP (Mehtimäki Oy) é un equipo de hóckey sobre xeo semiprofesional da cidade de Joensuu (Finlandia). Xogou tres veces na máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a primeira delas na extinta SM-sarja durante a tempada 1971-72, finalizando na última posición da táboa; as outras dúas veces foron na SM-liiga, antes de que se pechara a liga, nas tempadas 1989-90 e 1991-92. O club foi coñecido entre 2001 e 2020 co nome de Jokipojat pasando ese ano á denominación que o club tivo durante a meirande parte da súa historia, Joensuun Kiekko-Pojat ou JoKP.

Joensuun Kiekko-Pojat
Fundación1953
Cidade Joensuu,
Carelia do Norte
Finlandia Finlandia
EstadioMehtimäen jäähalli
(4.800 espectadores)
LigaMestis
Campionatos1 (2010)
AdestradorFinlandia Mikko Haapakoski
CoresVermello, negro e branco
                 
Na rede
https://joensuunkiekkopojat.fi

Pavillón editar

Artigo principal: Mehtimäen jäähalli.
 
O Mehtimäen jäähalli.

Os Joensuun Kiekko-Pojat xogan os seus partidos como locais no Mehtimäen jäähalli, tamén coñecido dende oo 29 de novembro de 2017 como PKS Areena polo acordo de patrocinio con Pohjois-Karjalan Sähkö.[1][2] O pavillón é obra do arquitecto grego-finlandés Geórgios Fasoulás, a súa construción comezou en 1981 e foi finalizado en 1982.[3][4] Ten unha capacidade máxima de 4 800 persoas.[4]

O primeiro partido oficial no pavillón tivo lugar o 7 de outubro de 1982 coa vitoria do equipo local fronte a Sport (6-2) ante 3 350 persoas.[5]

No mesmo edificio, amais da pista principal hai dúas pistas de adestramento construídas en 2002 e 2019.[6][7]

Personalidades editar

Xogadores editar

Números retirados editar

Números retirados dos Joensuun Kiekko-Pojat
Xogador Posición Carreira Data da retirada Referencias
1 Tapio Pohtinen G 1966-1986 13 de febreiro de 2010 [8][9]
9 Hannu Kapanen F 1968-69
1980-85
5 de marzo de 2008 [10][11][9]
15 Lauri Mononen RW 1966-67
1984-85
3 de xaneiro de 1993 [12][13][9]
25 Markku Kyllönen F 1980-85
1989-94
14 de febreiro de 2012 [14][15][9][16]

Palmarés editar

Trofeos colectivos editar

I-divisioona/Mestis
  • A Mestis-pokaali (Copa Mestis) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e, polo tanto, campión da Mestis. É o trofeo principal da competición. Se ben equipo gañou o trofeo unha vez dende a creación da Mestis en 2001, anteriormente proclamárase catro veces máis da segunda categoría do hóckey sobre xeo finlandés, facendo un total de cinco títulos: 1989, 1991, 1993, 1997, 2010.
    • 4 medallas de prata como segundo clasificado dos play-offs: 1983, 1994, 2009, 2012.
    • 2 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1984, 2016.
Suomi-sarja
  • Os Kiekko-Pojat gañaron a liga de terceira categoría en dúas ocasións: 2004, 2015.
    • 1 medalla de bronce como terceiro clasificado da liga: 2003.

Trofeos individuais editar

  • Trofeo Jouni Rinne: outorgado ao máximo puntuador durante a tempada regular. Foi entregado por primeira vez na tempada 1992-93, cando a segunda categoría do hóckey sobre xeo finlandés era denominada aínda I-divisioona. Un único xogador do equipo recibiu este galardón, sendo ademais o primeiro en obter o recoñecemento e o primeiro estranxeiro:
  • Trofeo Kai Nurminen: entregado cada ano dende a tempada 1987-88 ao máximo goleador da segunda categoría. Dous xogadores dos Kiekko-Pojat gañaron o trofeo:

Notas editar

  1. "PKS AREENA -YHTEISTYÖ JATKUU" (en finés). joensuunkiekkopojat.fi. Consultado o 19 de novembro de 2022. 
  2. "Joensuun jäähallista tuli PKS Areena" (en finés). Pohjois-Karjalan Sähkö Oy. 29 de novembro de 2017.  [Ligazón morta]
  3. "Joensuu sai valoisan ja yksilöllisen jäähallin". Helsingin Sanomat (en finés). 3 de outubro de 1982. 
  4. 4,0 4,1 "HALLI - KIEKKO-POJAT" (en finés). Jatkoaika.com. Consultado o 19 de novembro de 2022. 
  5. Leinonen, Jani (6 de outubro de 2012). "Jäähalli aloitti uuden aikakauden. Joensuun jäähalli 30 vuotta". Karjalainen (en finés). 
  6. Arppi, Heikki (25 de marzo de 2002). "Joensuu sai harjoitusjäähallin". Karjalainen (en finés). 
  7. Ohtonen, Renne (31 de xullo de 2019). "Arki on alkanut uusissa tiloissa. Vuorot ovat pyörähtäneet käyntiin Mehtimäen jäähallikompleksin kolmannessa hallissa, joka hohtaa uutuuttaan". Karjalainen (en finés). 
  8. Lujanen, Anneli (5 de febreiro de 2010). "Tapio Pohtinen on numero yksi". YLE Pohjois-Karjala (en finés) (Joensuu).  [Ligazón morta]
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 "JÄÄDYTETYT PELINUMEROT" (en finés). Joensuun Kiekko Pojat. Consultado o 19 de novembro de 2022. 
  10. Sinkkonen, Matti (6 de marzo de 2008). ""Hannes" otettu juhlan keskellä. Jääkiekko: Hannu Kapasen "ysipaita" nousi Lauri Monosen 15:n rinnalle Mehtimäellä". Karjalainen (en finés). 
  11. "Hannu Kapanen" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 19 de novembro de 2022. 
  12. Arppi, Heikki (4 de xaneiro de 1993). "Kiekko-Pojat sarjajohtoon. Junkkarit Mehtimäellä vastaantulija". Karjalainen (en finés). 
  13. "Lauri Mononen" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 19 de novembro de 2022. 
  14. Jarva, Hannu (14 de febreiro de 2012). "Intohimo kiekkoon säilyy. Merkkipäivä: Markku Kyllönen on vieläkin valmis pelimies, tosin veteraaneissa". Karjalainen (en finés). 
  15. "Markku Kyllönen" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 19 de novembro de 2022. 
  16. Ikonen, Petteri (14 de febreiro de 2012). "Kyllösen pelinumero jäädytettiin" (en finés). Jatkoaika.fi. Consultado o 19 de novembro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar