John Phillip Key
John Phillip Key, nado en Auckland o 9 de agosto de 1961, é un executivo de empresas e político, ocupa o cargo de Primeiro Ministro de Nova Zelandia desde o 19 de novembro de 2008. É o líder do Partido Nacional (National Party).[1]
John Phillip Key | |
---|---|
Primeiro Ministro de Nova Zelandia | |
Período | 19 de novembro de 2008 - actualidade |
Antecesor | Helen Clark |
Datos persoais | |
Nacemento | 9 de agosto de 1961 |
Auckland | |
Organización | National Party |
Cónxuxe | Bronagh Key (dende o 1984) |
Fillos | Max Key |
Alma máter | Universidade Harvard, Burnside High School, Aorangi School, Universidade de Canterbury e Wairarapa Cobham Intermediate |
Profesión | executivo de empresas e político |
Na rede | |
http://www.johnkey.co.nz/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria editar
Comezou en política en 2001 sendo elixido o ano seguinte deputado pola circunscrición de Helensville. Sería reelixido por ese distrito electoral en 2005 e 2008. En 2004 converteuse no portavoz de Finanzas no gabinete na sombra. En 2006 tras a dimisión de Don Brash pasou a dirixir o Partido Nacional.[2] Como líder do partido presentouse como candidato a Primeiro Ministro nas eleccións xerais de 2008 contra laborista Helen Clark que ocupaba ese posto desde 1999. As eleccións gañounas o Partido Nacional con 58 escanos, quedándose a catro da maioría absoluta.[3] Para conseguir esa maioría formou unha coalición cos partidos conservadores ACT e Futuro Unido, ademais do Partido maorí. Key baseou a súa campaña na economía e nas opcións de superar a crise global.[4]
Notas editar
- ↑ Xinhua (19-11-2008). "Nuevo gobierno neozelandés presta juramento a cargo" (en español). Arquivado dende o orixinal o 30-06-2012. Consultado o 10-7-2009.
- ↑ John Key (28-11-2006). "Speech to North Shore National Party luncheon" (en inglés). Partido Nacional. Arquivado dende o orixinal o 04-10-2007. Consultado o 10-7-2009.
- ↑ "NEW ZEALAND GENERAL ELECTION 2008 – OFFICIAL RESULTS" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30-06-2012. Consultado o 10-7-2009.
- ↑ "El multimillonario John Key vence en las legislativas de Nueva Zelanda". El País (en castelán). 11-8-2008. Consultado o 10-7-2009.
Primeiro Ministro de Nova Zelandia | ||
---|---|---|
Segue a: Helen Clark |
John Phillip Key (2008-actualidade)
|
Precede a: - |
National Party |