John Robert Parker Ravenscroft, nado o 30 de agosto de 1939 e finado o 25 de outubro de 2004), coñecido profesionalmente como John Peel, foi un DJ, radiodifusor e xornalista inglés.

John Peel
Nome completoJohn Robert Parker Ravenscroft
AlcumeJohn Peel e Eddie Lee Beppeaux
Nacemento30 de agosto de 1939
Lugar de nacementoHeswall
Falecemento25 de outubro de 2004 e 26 de outubro de 2004
Lugar de falecementoCuzco
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoSuffolk
NacionalidadeReino Unido
Alma máterShrewsbury School
Ocupaciónxornalista, locutor de radio, disc-jóckey, autor, produtor musical e presentador de televisión
FillosTom Ravenscroft
IrmánsAlan Ravenscroft
Premiosoficial da Orde do Imperio Británico
Na rede
http://www.bbc.co.uk/radio1/johnpeel/
IMDB: nm0670239 Musicbrainz: 65ddc5dd-6e1c-4f70-bee3-b67703bbf4c8 Songkick: 501587 Discogs: 64672 Allmusic: mn0000812692 WikiTree: Ravenscroft-325 Find a Grave: 33160597 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

DJ da BBC Radio 1 dende 1967 ata a súa morte en 2004, foi un dos primeiros en incluír reggae e punk nos programas de radio británica. Coñecido polo seu gusto musical ecléctico influíu significativamente no rock alternativo, no pop, no hip hop e no dance británico

Morreu aos 65 anos, durante unha viaxe en Cuzco (Perú), a causa dun paro cardíaco. Fora nomeado oficial do Imperio Británico.

O legado: Peel Sessions editar

John Peel fixo sesións de radio con artistas recoñecidos, traballando con gran parte deles. Estas gravacións son coñecidas como as Peel Sessions, que consistían xeralmente en 4 cancións pre-gravadas nos estudios da BBC, co estilo das demos. Hai moitos álbums chamados The Peel Sessions ou The John Peel Sessions, con autoría de moitos artistas.

Moitas das clásicas Peel Sessions foron editadas en álbum, xeralmente polo selo discográfico independente Strange Fruit que fundara o mesmo Peel en 1986.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • Keeping It Peel Web da BBC dedicada a John Peel e ao seu traballo, con datos das súas gravacións, artistas, homenaxes etc. (en inglés)