John Marshall
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
John Marshall, nado o 24 de setembro de 1755 e finado o 6 de xullo de 1835, foi un estadista e xurista estadounidense, figura moi importante do Tribunal Supremo dos Estados Unidos, onde foi o Xuíz Presidente (Chief Justice) desde o 4 de febreiro de 1801 até a súa morte.
Marshall era orixinario da Commonwealth de Virxinia e líder do partido federalista. Foi o autor da sentenza Marbury vs. Madison (1803), que pasa por ser a sentenza máis famosa da historia, conforme á cal a función dos xuíces é dicir o que é Dereito e na que se di -textualmente- que "unha lei contraria á Constitución é nula, e que os tribunais, ademais dos demais poderes, están sometidos á Constitución".