John Henson

baloncestista estadounidense

John Allen Henson, nado o 28 de decembro de 1990 en Greensboro, Carolina do Norte, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.

John Henson
Axente libre
Posición Ala-pivote / Pivote
Información persoal
Nacemento 28 de decembro de 1990 (33 anos)
Greensboro, Carolina do Norte
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 99 kg (219 lb)
Información da carreira
Instituto Sickles (Tampa, Florida)
Universidade North Carolina (2009–2012)
NBA Draft 2012 / Rolda: 1 / Elección: 14
Por Milwaukee Bucks
Carreira dende 2012
Historial de equipos
Milwaukee Bucks (2012–2018)
Cleveland Cavaliers (2018–2020)
Detroit Pistons (2020)

Instituto editar

Durante tres anos, Henson foi ó Round Rock High School en Round Rock, Texas. No seu derradeiro ano trasladouse ó Sickles High School en Tampa, Florida. Nesa tempada 2008-09, fixo 17.6 puntos, 12.2 rebotes e 6.1 tapóns por partido. Henson liderou ó equipo a unha marca de 24-5, e a unha marca de 10-0 na liga,[1] pero o equipo perdeu contra o Lakeland Senior HS por 48-43 nas semifinais rexionais do campionato FHSAA da Clase 6A de Florida.[2] Henson foi elixido no primeiro equipo do estado, e Xogador do Ano pola Asociación de Adestradores de Tampa Bay.

Traxectoria universitaria editar

Henson comezou a súa primeira tempada universitaria xogando de aleiro para os Tar Heels, pero coa lesión de Ed Davis, Henson pasou a xogar de ala-pivote a mediados de febreiro de 2010. Tras ese cambio, mellorou o xogo de Henson, e fixo 9.4 puntos por partido nos 16 derradeiros encontros da tempada. Porén, os Tar Heels non se clasificaron para o Torneo da NCAA, perdendo contra Dayton nas finais do National Invitation Tournament.[3]

En 2011 e 2012, conseguiu o premio ó Xogador Defensivo do Ano.

Traxectoria profesional editar

O 28 de xuño de 2012, Henson foi elixido na 14ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Milwaukee Bucks.[4] O 10 de xullo de 2012, asinou o seu contrato de rookie cos Bucks.[5]

O 7 de decembro de 2018, Henson foi traspasado xunto a Matthew Dellavedova ós Cleveland Cavaliers, nun traspaso entre tres equipos.[6]

O 6 de febreiro de 2020, Henson foi traspasado xunto a Brandon Knight e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023 ós Detroit Pistons, a cambio de Andre Drummond.[7]

Notas editar

  1. MaxPreps John Henson Profile
  2. "2009 Allstate FHSAA Class 6A Boys Basketball Championship Bracket". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2012. Consultado o 14 de xullo de 2012. 
  3. 2010 NIT Championship Recap - ESPN.com
  4. "John Henson To Bucks With No. 14 Pick In 2012 NBA Draft". HuffingtonPost.com. 28 de xuño de 2012. Consultado o 2 de outubro de 2015. 
  5. "Bucks sign forward John Henson". ESPN.com. 10 de xullo de 2012. Consultado o 2 de outubro de 2015. 
  6. "Cavaliers Acquire Matthew Dellavedova, John Henson and Three Future Draft Picks In Three-Team Trade". NBA.com. 7 de decembro de 2018. Consultado o 8 de decembro de 2018. 
  7. "Detroit Pistons Acquire Brandon Knight, John Henson And Future Second Round Pick". NBA.com. 6 de febreiro de 2020. Consultado o 6 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar