John Frankenheimer

John Michael Frankenheimer, nado en Nova York o 19 de febreiro de 1930 e finado nos Ánxeles o 6 de xullo de 2002, foi un director de cine e televisión estadounidense, recoñecido polos seus dramas sociais e filmes de acción e suspense.

Infotaula de personaJohn Frankenheimer

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1930 Editar o valor em Wikidata
Queens, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte6 de xullo de 2002 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio e Ictus Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónWilliams College (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , produtor de televisión , guionista , produtor de cinema , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1948 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeEvans Evans (1963–2002)

IMDB: nm0001239 Allocine: 111 Rottentomatoes: celebrity/john_frankenheimer Allmovie: p90382 TCM: 65276 TV.com: people/john-frankenheimer
Musicbrainz: 67c778af-94de-4dce-824e-bcd2df622205 Find a Grave: 6580879 Editar o valor em Wikidata
John Frankenheimer

Traxectoria editar

Comezou a súa carreira no cume da guerra fría[1] e as súas 30 longametraxes para cine e 50 obras para televisión foron notables pola súa influencia no pensamento contemporáneo e convertérono nun pioneiro do suspense político contemporáneo. En moitos dos seus filmes creou dilemas psicolóxicos que tiña que resolver o seu protagonista masculino así como un forte "sentido do contorno"[1] semellante en estilo aos filmes de Sidney Lumet, para quen traballou como axudante de director. Dirixiu actores como Gregory Peck, Donald Sutherland, Jean Reno, Lee Marvin, Deborah Kerr, Eva Marie Saint ou Steve McQueen e entre as súas películas máis coñecidas están O home de Alcatraz (1962), The Manchurian Candidate (1962), Seven Days in May (1964), The Train, (1964), Grand Prix (1966), Black Sunday (1977) e Ronin (1998). Gañou catro Emmy consecutivos na década de 1990 polos telefilmes Against the Wall, The Burning Season, Andersonville e George Wallace, o cal tamén levou un Globo de Ouro. Foi considerado un dos últimos directores que levaban un control completo sobre todos os elementos da produción, o que facía o seu estilo único en Hollywood.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Yoram Allon, Yoram; Cullen, Hannah Patterson. Contemporary North American Film Directors, Wallflower Press (2000) pp. 181-183