John Banim

escritor irlandés

John Banim, nado en Kilkenny en 1798 e finado en 1842, foi un escritor irlandés.

John Banim
AlcumeAbel O'Hara e Barnes O’Hara
Nacemento3 de abril de 1798 e 1798
Lugar de nacementoKilkenny
Falecemento30 de agosto de 1842 e 1842
Lugar de falecementoBooterstown
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Alma máterKilkenny College
Ocupaciónpoeta, escritor, novelista e dramaturgo
IrmánsMichael Banim
Na rede
WikiTree: Banim-1
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou en Kilkenny e Dublín. Tras rematar os seus estudos volveu a Kilkenny onde ensinou debuxo. Namorado dunha das súas alumnas, os pais dela conseguiron que tivera que marchar da cidade, pero a rapariga morreu, o que causou unha fonda impresión en Banim.

En 1820 asentouse en Dublín e alí publicou o seu primeiro libro de poemas, The Celt's Paradise e a traxedia Damon and Pythias (1821). En colaboración co seu irmán Michael escribiu unha serie de contos ilustrativos da vida irlandesa. John Banim marchou a Londres, onde sobreviviu escribindo en revistas.

En 1825 aparece a primeira serie de Tales of the O'Hara Family, que conseguiu un rápido éxito. Ao ano seguinte aparece a segunda serie, que inclúe a novela The Nowlands. Debido á mala saúde de John a terceira serie foi obra unicamente do seu irmán.

En 1829 trasládase a Francia por motivos de saúde. En 1835, xa inválido, aséntase preto de Kikenny, onde pasará o resto da súa vida.