Johann Christoph Bach

compositor alemán do Barroco

Johann Christoph Bach, nado en Arnstadt o 6 de decembro de 1642 e finado en Eisenach o 31 de marzo de 1703, foi un compositor alemán do Barroco. Non debe ser confundido co fillo de Johann Sebastian Bach, Johann Christoph Friedrich Bach.

Infotaula de personaJohann Christoph Bach

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de decembro de 1642 Editar o valor em Wikidata
Arnstadt Editar o valor em Wikidata
Morte31 de marzo de 1703 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Eisenach Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSchwarzburg-Sondershausen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , organista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor em Wikidata
MovementoMúsica barroca Editar o valor em Wikidata
ProfesoresJohann Pachelbel Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoÓrgano e Órgano Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaFamilia Bach Editar o valor em Wikidata
FillosJohann Nicolaus Bach (pt) Traducir, Johann Friedrich Bach, Johann Michael Bach (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisHeinrich Bach Editar o valor em Wikidata  e Eva Hoffmann (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJohann Michael Bach Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: fc366dc2-17d1-4679-9ee5-c750e7915145 Discogs: 1943390 IMSLP: Category:Bach,_Johann_Christoph Allmusic: mn0001177196 WikiTree: Bach-626 Find a Grave: 19402980 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Johann Christoph Bach naceu en Arnstadt (daquela no Sacro Imperio Romano-Xermánico e actualmente no estado de Turinxia, Alemaña), fillo de Heinrich Bach, tío avó de Johann Sebastian Bach, polo que era o primo irmán de Johann Sebastian. Foi tamén o tío de Maria Barbara Bach, a primeira muller de J.S. Bach.

Johann Christoph tiña unha reputación como compositor que só foi igualada por Johann Sebastian entre a familia Bach durante a súa vida. A partir de 1665 compaxinou o cargo de organista na Georgenkirche co de cembalista da orquestra de cámara da corte de Eisenach. Seu irmán, Johann Michael Bach (sogro de Johann Sebastian Bach e pai de Maria Barbara), foi tamén compositor. Estivo en contacto con Johann Ambrosius Bach, e deulle clasese ao seu fillo Johann Sebastian. Algunhas das súas obras foron posteriormente atribuídas a Johann Sebastian, mais recentemente foron recoñecidas como obras escritas por Johann Christoph. Catro dos seus fillos foron tamén músicos:

Foi un compositor de gran capacidade, mais a pesar do seu éxito como músico, Johann Christoph atravesou dificultades financeiras, que puideron ter dado lugar á súa non selección como titor de Johann Sebastian cando morreron os seus pais. Posiblemente non recibiu a apreciación que merecía polo seu carácter difícil e testalán co Consello de Eisenach. Johann Christoph tiña moitas débedas cando morreu en Eisenach.

Obra editar

 
Manuscrito de Ach, dass ich Wassers.

Johann Ambrosius Bach tiña as obras de Johann Christoph en grande estima, a quen consideraba "o compositor máis grande e expresivo da familia". Unha das composicións máis famosas de Johann Christoph é a cantata Meine Freundin, du bist schön, baseada no Cantar dos Cantares, mais poucas obras súas sobreviviron, a maioría no Altbachisches Archiv:

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar