Joel Schumacher

director de cinema estadounidense

Joel T. Schumacher, nado en Nova York o 29 de agosto de 1939 e finado na mesma cidade o 22 de xuño de 2020,[1] foi un director, produtor e guionista cinematográfico estadounidense.

Infotaula de personaJoel Schumacher

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Joel T. Schumacher Editar o valor em Wikidata
29 de agosto de 1939 Editar o valor em Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte22 de xuño de 2020 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Os Ánxeles
Parsons School of Design (en) Traducir
Fashion Institute of Technology (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDirección de cine, Guión e Produción de cinema Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónguionista , diseñador de vestuario , produtor de cinema , director de cinema , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1972 Editar o valor em Wikidata - 2020 Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e lingua sueca Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0001708 Allocine: 7832 Allmovie: p110432 TCM: 172437
Musicbrainz: 66a08040-f503-49f9-ba60-c1443742df62 Discogs: 525859 WikiTree: Schumacher-2011 Find a Grave: 211705359 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Schumacher naceu na cidade de Nova York. A súa nai Marian era unha xudía de ascendencia sueca mentres que o seu pai Frank era un baptista de Knoxville (Tennesse), que faleceu cando Joel tiña catro anos.[2] Estudou no Parsons The New School for Design e en The Fashion Institute of Technology da súa cidade natal. Despois dos seus primeiros traballos no mundo da moda, descubriu a súa verdadeira paixón no cinema.

Trasladouse aos Ánxeles, onde comezou a traballar como deseñador de vestiario en filmes como O durmiñón e desenvolveu o seu coñecemento na televisión, sendo ouvinte en UCLA. En 1976 escribiu o seu primeiro guión para o filme de baixo orzamento Car Wash con escaso éxito; a este seguírono títulos como O meigo (1978), unha adaptación levada á pantalla por Sidney Lumet.[3]

O seu debut como director chegou con A incrible muller minguante en 1981, protagonizada por Lily Tomlin e que presentaba a historia do home minguante cunha protagonista feminina. O filme resultou un éxito no cinema independente.

Na década de 1980, Schumacher especializouse como produtor en diferentes xéneros, como a comedia D.C. Cab (1983), Saint Elmo, punto de encontro[4] ou o filme de terror The Lost Boys, considerados filmes arquetípicos da década de 1980.[5]

Na década de 1990 dirixiu filmes de suspense con grande aceptación como Liña mortal (1990), Falling Down (1993) ou trasladando ao cinema os best-sellers de John Grisham, The Client (1994) e A Time to Kill (1996), esta última unha escolla de Grisham. Outro dos elementos polos que foi coñecido Schumacher é por substituír a Tim Burton como director da saga sobre Batman. Schumacher dirixiu Batman Forever en 1995, que foi un grande éxito a pesar de recibir críticas tépedas, e Batman & Robin, que foi un gran desastre tanto de crítica como de público.[6] Estas poucas expectativas fixero que Warner Bros. cancelase o seguinte proxecto de Batman que tamén ía ser dirixido polo propio Schumacher, Batman Triumphant.[7]

A partir dese momento, Schumacher participou en proxectos como 8mm (1999) con Nicolas Cage e a comedia Flawless (1999) con Robert De Niro, que recibiron boas críticas aínda que non recadaron moitos cartos. En 2000 o director deu un xiro radical e obtivo unhas das mellores críticas da súa carreira co drama ambientado na guerra de Vietnam Tigerland, onde se deu a coñecer Colin Farrell.[8] O traballo de Schumacher continuou coa controvertida Phone Booth (2002), onde o director volveu contar con Colin Farrell e tamén o suspense político Bad Company (2002) protagonizado por Anthony Hopkins e Chris Rock. En 2004 dirixiu The Phantom of the Opera, baseado no musical homónimo. O filme obtivo tres candidaturas aos premios Óscar e outras tres aos Globos de Ouro, mais non gañou ningún deles.[1]

Schumacher faleceu de cancro o 22 de xuño de 2020 aos oitenta anos.[9][10] Trala súa morte foi eloxiado por Jim Carrey e Matthew McConaughey, que consideran que Schumacher foi quen lanzou as súas carreiras.[11]

Vida persoal editar

Schumacher describiuse a si mesmo como "extremadamente promiscuo", dicindo nunha entrevista de 2019 que era sexualmente activo desde os once anos e estimou que mantivo relacións sexuais con entre 10 000 e 20 000 homes ao longo da súa vida. Schumacher dixo que a primeira persoa que coñeceu que morreu pola epidemia de sida en 1983 "non era promiscua", o que levou a Schumacher a crer que morrería pouco despois, lembrando que no seu momento pensou: "Se el a ten, eu debo tela cuadriplicado [...] Estaba seguro de que a tiña, estaba a planear a miña morte", mais nunca contraeu a doenza.[12]

En 1984, Schumacher comprou a Doris Duke as cortes de cabalos que pertenceran a Rudolph Valentino.[13]

Schumacher fixo doazóns aos candidatos do Partido Demócrata, incluídas varias campañas ao Congreso e a campaña presidencial de 2004 de John Kerry.[14]

Filmografía editar

Título Ano Director Guionista Produtor Notas Ref.
Sparkle 1976 Si Dirixido por Sam O'Steen [15]
Car Wash 1976 Si Dirixido por Michael Schultz [16]
O meigo 1978 Si Dirixido por Sidney Lumet [16]
A incrible muller minguante 1981 Si [15]
D.C. Cab (a.k.a Street Fleet) 1983 Si Si [15]
Saint Elmo, punto de encontro 1985 Si Si [16]
The Lost Boys 1987 Si [16]
Cousins 1989 Si [16]
Liña mortal 1990 Si [16]
Elixir un amor 1991 Si [15]
Falling Down 1993 Si [16]
The Client 1994 Si [16]
Batman Forever 1995 Si [16]
The Babysitter 1995 Executivo Dirixido por Guy Ferland
A Time to Kill 1996 Si [15]
Batman & Robin 1997 Si [16]
8mm 1999 Si Si [16]
Flawless 1999 Si Si Si [16]
Gossip 2000 Executivo Dirixido por Davis Guggenheim
Tigerland 2000 Si [15]
Bad Company 2002 Si [15]
Phone Booth 2002 Si [16]
Veronica Guerin 2003 Si [15]
The Phantom of the Opera 2004 Si Si [16]
The Number 23 2007 Si [15]
Blood Creek 2009 Si [16]
Twelve 2010 Si [15]
Man in the Mirror 2011 Si Curtametraxe
Trespass 2011 Si [16]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Murió el director Joel Schumacher a los 80 años". Infobae (en castelán). 22 de xuño de 2020. Consultado o 22 de xuño de 2020. 
  2. Thomson, David (6 de maio de 2014). The New Biographical Dictionary of Film: Sixth Edition (en inglés). Knopf Doubleday Publishing Group. ISBN 978-1-101-87470-7. Consultado o 22 de xuño de 2020. 
  3. Fry, Carrol Lee (2008). Cinema of the Occult: New Age, Satanism, Wicca, and Spiritualism in Film (en inglés). Associated University Presse. ISBN 978-0-934223-95-9. Consultado o 22 de xuño de 2020. 
  4. Coyle, Jake (22 de xuño de 2020). "Joel Schumacher, director of 'St. Elmo's Fire' and Batman films, dies at 80". ABC7 Chicago (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2020. Consultado o 22 de xuño de 2020. 
  5. "Fallece Joel Schumacher, el director que mejor domó a las estrellas de cine de los 90". Vanity Fair (en castelán). 22 de xuño de 2020. Consultado o 22 de xuño de 2020. 
  6. "Joel Schumacher, Batman Forever and The Lost Boys director, dies aged 80". The Guardian (en inglés). 22 de xuño de 2020. Consultado o 22 de xuño de 2020. 
  7. "Batman Triumphant: examining the sequel that never happened". Den of Geek (en inglés). 21 de marzo de 2016. Consultado o 22 de xuño de 2020. 
  8. "Joel Schumacher, Most Enthusiastic Hollywood Director, Dies at 80, Made “Tigerland,” “St. Elmo’s Fire,” “Lost Boys”". Showbiz411 (en inglés). 22 de xuño de 2020. Consultado o 22 de xuño de 2020. 
  9. Lowry, Brian. "Joel Schumacher, director of Batman movies and 'St. Elmo's Fire,' dead at 80". CNN (en inglés). Consultado o 22 de xuño de 2020. 
  10. "Alert: Joel Schumacher, director of ‘Lost Boys,’ ‘St. Elmo’s Fire’ and 2 ‘Batman’ films, dies at 80". The Ridgefield Press (en inglés). 22 de xuño de 2020. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2020. Consultado o 22 de xuño de 2020. 
  11. "Jim Carrey, Matthew McConaughey And More Pay Tribute To Batman Director Joel Schumacher". Cinema Blend (en inglés). 23 de xuño de 2020. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2020. Consultado o 27 de xuño de 2020 – vía Newspapers.com. 
  12. "In Conversation: Joel Schumacher After five decades in Hollywood, the director has plenty of stories — but don't expect him to kiss and tell". Vulture (en inglés). 22 de xñuo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2020. Consultado o 27 de xuño de 2020. 
  13. "Rudolph Valentino". The South Bend Tribune (en inglés). 7 de setembro de 1984. p. 40. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2020. Consultado o 29 de xuo de 2020 – vía Newspapers.com. 
  14. "Donor Lookup" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2020. Consultado o 22 de agosto de 2019. 
  15. 15,00 15,01 15,02 15,03 15,04 15,05 15,06 15,07 15,08 15,09 "Joel Schumacher: 1939–2020". Roger Ebert (en inglés). 22 de xuño de 2020. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2020. Consultado o 28 de xuño de 2020. 
  16. 16,00 16,01 16,02 16,03 16,04 16,05 16,06 16,07 16,08 16,09 16,10 16,11 16,12 16,13 16,14 16,15 "Where to Stream the Films of Joel Schumacher". Vulture (en inglés). 22 de xuño de 2020. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2020. Consultado o 27 de xuño de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar