Joe Lally

músico estadounidense

Joe Lally, nado en Silver Spring (Maryland) o 3 de decembro de 1963, é un baixista estadounidense, coñecido sobre todo polo seu traballo na banda Fugazi, onde contribuíu ocasionalmente nas letras e nas voces da mesma.

Joe Lally
Data nacemento3 de decembro de 1963 (60 anos)
Nado enSilver Spring, Maryland Estados Unidos de América Estados Unidos
Ocupaciónprodutor musical e cantante
Instrumento(s)baixo
Relacionado conFugazi, Ataxia, Decahedron
Na rede
http://joelally.com/
IMDB: nm1235308 Musicbrainz: 62046ffd-7d76-476b-bee5-b281b7575c6c Songkick: 371383 Discogs: 518383 Allmusic: mn0000590032 Genius: Joe-lally Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Traballou con John Frusciante e Josh Klinghoffer no Automatic Writing da banda Ataxia. A principios de 2002 Lally uniuse a Shelby Cinca e Jason Hamacher, ex-membros de Frodus, nun proxecto orixinalmente chamado The Black Sea, que cambiou o seu nome para Decahedron, e editou un EP e un álbum antes de que Lally deixase a banda.

Paralelamente a esta actividade con diversas bandas logo do hiato de Fugazi, tamén se centrou nun pequeno selo discográfico chamado Tolotta co cal pretendía sacar e distribuír sinxelos de bandas que en principio terían dificultades para darse a coñecer, mais finalmente tamén chegou a editar discos de longa duración de bandas como Spirit Caravan e Stinking Lizaveta.

Con posterioridade Laly comezou a súa carreira en solitario. En 2006 aparece o seu primeiro LP There to Here gravado na Dischord House e no Inner Ear Studio por Ian MacKaye e Don Zientara, con contribucións de moitos amigos: Jason Kourkounis (Hot Snakes), Jerry Busher (French Toast), Danny Frankel (KD  Lang), Eddie Janney (Rites of Spring), Guy Picciotto (Fugazi), Ian Mackaye (The Evens, Fugazi), Amy Farina (The Evens), Scott "Wino" Weinrich (Spirit Caravan, Hidden Hand). O seu segundo e, até o de agora, último álbum Nothing Is Underrated saíu en 2007 e volve a contar coa participación de varios colegas: Ben Azzara (Capitol City Dusters), Andy Gale (Haram), Eddie Janny (Rites of Spring), Sam Krulewitch e Ricardo Lagomasino (Capillary Action), Ian MacKaye (Fugazi), Devin Ocampo (Medications) e Guy Picciotto (Fugazi).

Tamén en 2007 viu a luz a segunda parte das sesións que gravara en 2004 con Frusciante e Klinghoffer, no que supón o segundo álbum de Ataxia AW II e realizou unha xira polos EUA coa banda de Philadelphia Capillary Action e por Europa coa banda italiana Zu.

Discografía editar

Joe Lally editar

  • There to Here (Dischord, 2006)
  • Nothing Is Underrated (Dischord, 2007)

Con Fugazi editar

Álbums de estudio
EPs
  • Fugazi (Dischord, 1988)
  • Margin Walker (Dischord, 1989)
Sinxelos
  • "3 Songs" (Dischord, 1990)
  • "Furniture + 2" (Dischord, 2001)
Álbums ao vivo
Banda Sonora Orixinal
  • Instrument (Dischord, 1999)
Vídeos
  • Instrument (filme documental de Jem Cohen sobre Fugazi)
Libros

Con The Black Sea editar

  • The Black Sea (Lovitt, 2002) (Sinxelo)

Con Decahedron editar

  • Disconnection Imminent (Lovitt, 2004)

Con Ataxia editar

  • Automatic Writing (Record Collection, 2004)
  • AW II (Record Collection, 2007)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar