Joaquín Seijo Alonso
Joaquín Seijo Alonso, nado en Ferrol o 30 de outubro de 1913 e finado en Venezuela en 1958, foi un profesor e militar galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1913 Ferrol, España |
Morte | 1958 (44/45 anos) Venezuela |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | catedrático , militar |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Concha Castroviejo |
Traxectoria editar
Afiliado á Agrupación Socialista de Santiago de Compostela dende 1929, foi presidente das Xuventudes Socialistas. Licenciado en Dereito, Matemáticas e Filosofía e Letras (1935), foi profesor de historia moderna e contemporánea na Academia Xelmírez. Catedrático de Xeografía e Historia. En 1936 conseguiu a cátedra de historia do Instituto Maragall de Barcelona. Membro da Federación Española de Trabajadores de la Enseñanza (UGT) dende 1936. Durante a guerra civil foi comandante de Artillaría da 3ª División e comandante xeneral de Artillaría na base naval secundaria de Rosas. Casou en 1937 en Valencia con Concha Castroviejo. Exiliouse en México, onde chegou a bordo do Siboney en xuño de 1939[1]. En México traballou no Instituto Técnico Industrial de Tijuana.