Joaquín Chapaprieta

Joaquín Chapaprieta Torregrosa, nado en Torrevieja (provincia de Alacant) o 26 de outubro de 1871 e finado e Madrid o 29 de abril de 1951, foi un político español.

Joaquín Chapaprieta
Nacemento26 de outubro de 1871 e 25 de outubro de 1871
Lugar de nacementoTorrevieja
Falecemento15 de outubro de 1951
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e avogado
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Deputado provincial (1898) e deputado a Cortes con Sagasta (1901) por Cieza (Murcia) e en 1905 por Loja (Granada), dirixiu posteriormente a esquerda liberal. En 1910 foi elixido deputado polo distrito de Ordes, en 1914 polo de Noia, polo que volveu ser elixido en 1916. Desempeñou a carteira de Traballo en 1922 e, á chegada da República, foi elixido deputado con Lerroux (1933). En 1935, tralo escándalo do estraperlo de Lerroux, ocupou a presidencia do Consello de ministros (xefe do goberno) co apoio da CEDA e os agrarios. Finalmente, no gabinete de Manuel Portela Valladares desempeñou a carteira de Facenda (1935-1936).

Segunda República española

Segue a:
Alejandro Lerroux
Joaquín Chapaprieta
Precede a:
Manuel Portela Valladares
Presidente do Goberno de España

Obras editar

  • Voto particular y discurso pronunciado por D. Joaquín Chapaprieta sobre la totalidad del Presupuesto para 1920-1921, Madrid (1920).
  • Proyecto de Ley sobre Fomento de la Edificación, Madrid (1923).
  • Proyecto de Ley de Oficinas de colocación y seguro contra el paro forzoso y Proyecto de Ley para estimular la creación de Cotos Sociales de Previsión, Madrid (1924).
  • Proyecto de Ley del régimen de la tierra, Madrid (1924).
  • La paz fue posible: memorias de un politico. Prólogo de J. Chapaprieta Otsein.

Véxase tamén editar