Joan Jett

música estadounidense

Joan Jett, nada co nome de Joan Marie Larkin en Filadelfia (Pensilvania) o 22 de setembro de 1958, é unha actriz, cantante, produtora e guitarrista estadounidense. É coñecida polos seus hits "I Love Rock 'N Roll", que estivo no número 1 das listas do Billboard do 20 de marzo ao 8 de maio de 1982, "Crimson and Clover", "Do You Wanna Touch Me", "Light of Day", "I Hate Myself For Loving You", "Little Liar" e "Love Is All Around".

Joan Jett
Joan Jett en setembro de 2013.
Nome completoJoan Marie Larkin
Data nacemento22 de setembro de 1958 (65 anos)
Nado enFiladelfia, Pensilvania
Ocupaciónguitarrista, cantante, actriz, cantautora, produtora musical, actriz de televisión, vocalista e artista discográfico
Instrumento(s)voz, guitarra, baixo
Relacionado conThe Runaways, Joan Jett & the Blackhearts
Na rede
http://www.joanjett.com/
IMDB: nm0005053 Allocine: 36170 Rottentomatoes: celebrity/joan_jett Allmovie: p35595 TV.com: people/joan-jett IBDB: 75711
Facebook: joanjettandtheblackhearts Twitter: joanjett Instagram: joanjett Youtube: UCURhGCLPWhW4Ssy2bA0kbJg Spotify: 6ZRWxu4ak88m5yHBAEelkQ iTunes: 1282872765 Last fm: Joan+Jett Musicbrainz: f376828a-b438-4fda-bb2e-dcd5fbe81f83 Songkick: 369656 Discogs: 283542 Allmusic: mn0000137173 WikiTree: Larkin-713 Deezer: 380367 Genius: Joan-jett Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Probablemente Joan Jett sexa a figura feminina máis importante da historia do rock. Bandas como Bikini Kill, Shonen Knife, L7, The Yeah Yeah Yeahs, Kittie, The Donnas ou Hole declararon publicamente a influencia de Joan na súa música.

Traxectoria editar

Aos 15 anos, Joan formou The Runaways con outras tres rapazas, Sandy West, Lita Ford e Cherie Currie. Joan cantaba, tocaba a guitarra rítmica e escribía moito do material da banda. A banda gravou cinco LPs e xirou por todo o mundo tendo de abreconcertos entre outros a Cheap Trick, Van Halen e Tom Petty and The Heartbreakers. Tiveron especialmente éxito no Xapón.

Mentres que The Runaways eran moi populares en Europa, Xapón, Australia, Canadá e tamén en Suramérica, eles non tiveron o mesmo éxito nos Estados Unidos. Parte diso debeuse a que este país, e a súa prensa musical especialmente, non estaba acostumada a que unha banda de mulleres adolescentes fixese música en serio. The Runaways separouse en 1979.

Foi nesa época cando Jett, considerada unha figura na escena punk rock, produciu o único álbum de The Germs. Esta gravación é considerada o equivalente estadounidense do Never Mind The Bollocks dos Sex Pistols.

Na primavera de 1979, Joan foi a Inglaterra para comezar unha carreira en solitario. Mentres estivo alí, fixo tres temas cos ex-Sex Pistols Paul Cook e Steve Jones (unha delas era unha versión temperá de "I Love Rock N' Roll"). De volta aos Ánxeles, Joan comezou a rodar unha película baseada en The Runaways chamada We're All Crazee Now!. A película nunca foi editada, pero durante a realización do proxecto Joan coñeceu ao compositor e produtor Kenny Laguna. Fixéronse bos amigos e decidiron traballar xuntos.

Jett e Laguna entraron nos estudios The Who’s Ramport Studios para gravar o debut en solitarios da primeira. O disco Joan Jett foi editado en Europa, pero nos Estados Unidos nada menos que 23 grandes selos rexeitaron o disco. Jett e Laguna editárono independentemente no seu propio selo Blackheart Records. Deste xeito, Jett converteuse na primeira intérprete feminina en crear o seu propio selo discográfico.

A parella usou os seus aforros persoais para gravar a crear o seu propio sistema independente de distribución, moitas veces vendendo os álbums no seu coche despois dos concertos.

Coa axuda de Laguna, Jett formou The Blackhearts. A banda foi creada a comezos dos anos 80, e ademais de Jett estaba composta por Ricky Byrd, John Doe, Gary Ryan e Eric Ambel.

Véxase tamén editar



 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.