Xoán III de Portugal

político portugués
(Redirección desde «João III de Portugal»)

Xoán III de Portugal, alcumado O Piadoso ou O Pío dada a súa devoción relixiosa, nado o 7 de xuño de 1502 e finado o 11 de xuño de 1557, foi Rei de Portugal. Sucedeu en 1521 ó seu pai, D. Manuel I, morto no auxe do seu poder aos 52 anos de idade, que reinou durante 26 anos.

Infotaula de personaXoán III de Portugal

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xuño de 1502 Editar o valor em Wikidata
Castelo de San Xurxo de Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte11 de xuño de 1557 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Paço da Ribeira, Portugal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cardioplegia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaMosteiro dos Xerónimos Editar o valor em Wikidata
Monarca de Portugal
13 de decembro de 1521 – 11 de xuño de 1557
← Manuel I de PortugalSebastián I de Portugal →
Gran Mestre da Orde da Torre e Espada
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesO Piedoso Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino de Portugal Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaDinastía de Avis Editar o valor em Wikidata
CónxuxeCatarina de Austria (1525, 1525 (Gregoriano)–)
FillosAfonso, Príncipe de Portugal (1526) (pt) Traducir, Filipe, Príncipe de Portugal (pt) Traducir, Dinis, Infante de Portugal (pt) Traducir, António, Infante de Portugal (pt) Traducir, Manuel, Príncipe de Portugal (pt) Traducir, Maria Manuela, Princesa de Portugal (pt) Traducir, João Manuel, Príncipe de Portugal (pt) Traducir, Duarte de Portugal, arcebispo de Braga (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisManuel I de Portugal Editar o valor em Wikidata  e María de Aragón Editar o valor em Wikidata
IrmánsMaria de Portugal, Duquesa de Viseu (pt) Traducir, Sabela de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico, Beatriz de Portugal, Duquesa de Saboia (pt) Traducir, Fernando de Portugal, Duque da Guarda (pt) Traducir, Henrique I de Portugal, Duarte de Portugal, 4.º Duque de Guimarães (pt) Traducir, Luís de Portugal, Duque de Beja (pt) Traducir, Miguel da Paz e Afonso de Portugal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesFernando II de Aragón (avó materno)
Isabel I de Castela (avoa materna) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMSLP: Category:João_III,_Dom WikiTree: Aviz-27 Find a Grave: 9705538 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Ascendeu ao trono cando Portugal posuía cidades fortificadas no Norte de África e os seus mariñeiros tiñan navegado nos océanos Atlántico, Índico e Pacífico, espallándose polas illas atlánticas, polas costa occidental e oriental de África, India, Malaisia, Illas do Pacífico e posiblemente Australia, a China e o Brasil. Destacada entre as potencias europeas desde o punto de vista económico e diplomático, mais o país non chegaba a un millón e medio de habitantes. Durante o seu reinado Portugal adquiriu novas colonias en Asia - Chalé, Diu, Mumbai, Baçaim e Macau.

Antonio Mota, Francisco Zeimoto e Antonio Peixoto chegaron ao Xapón sendo os primeiros europeos a visitar este arquipélago. Comezou a colonización do Brasil. Ao mesmo tempo deuse o abandono dalgunhas cidades fortificadas en Marrocos, como Safim, Azamor, Arzila, Aguz e Alcácer-Ceguer, debido ao custo da súa defensa contra os ataques dos xerife musulmáns. Coa Inglaterra intensificou as relacións comerciais, o mesmo acontecendo cos países do Báltico e Flandres.

Xoán preocupouse efectivamente co pleno dominio do Brasil, que dividiu en Capitanías-donativos, as coñecidas Capitanías hereditarias, establecendo un goberno nacional en 1548.

Houbo sen dúbida un aire de renovación cultural no seu reinado, preponderante na afirmación do renacemento portugués. Na literatura aparece o poeta máis coñecido mundialmente Luís de Camões, así como Garcia de Resende, Sá de Miranda, Bernardim Ribeiro e João de Barros. Na náutica xurdiu Pedro Nunes, na botánica Garcia de Orta, na arquitectura Francisco de Holanda, Miguel de Arruda e Xoán de Castillo. Outros nomes foron Luís Vives, André de Resende, Damião de Góis, Xoán de Rouen e Nicolás Chanterrene. Erasmo dedicoulle unha das súas obras e o rei tería pensado desde o contratar a profesor da nova universidade de Coímbra, creada en 1537. Foi no seu reinado que se crearon bolsas de estudo no estranxeiro e o Colexio das Artes.

Xoán III era, con todo, moi relixioso, o que o tornou dócil diante do poder da igrexa e permeable á introdución da Inquisición en 1536, pois o movemento luterano era xa unha realidade europea. As consecuencias sociais foron desastrosas, pois provocou inseguridade nos cristiáns novos, obrigando ao exilio a moitos comerciantes xudeus, facendo que os recursos fosen financiados con empréstitos estranxeiros.

Sucedeulle o seu neto, D. Sebastián, xa que ningún dos seus fillos sobreviviu á súa morte.

 
O Imperio portugués durante o reinado de Xoán III
Rei de Portugal

Segue a:
Manuel I de Portugal
Xoán III de Portugal
Precede a:
Sebastián I de Portugal
Dinastía de Avis-Bexa