João Gomes

baloncestista portugués

João Roberto Gomes Correira, máis coñecido como Betinho, nado o 2 de maio de 1985 na Illa de Fogo, Cabo Verde, é un xogador profesional de baloncesto portugués que actualmente milita no MoraBanc Andorra da Liga ACB. Cunha altura de 1,99 metros xoga na posición de ala.

Betinho
MoraBanc Andorra  – No. 11
Información persoal
Nacemento 5 de maio de 1985 (38 anos)
Fogo, Cabo Verde
Nacionalidade Portugal
Altura 1,99 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 96 kg (211 lb)
Posición Ala
Liga España Liga ACB
Información da carreira
Canteira Barreirense
Carreira dende 2007
Historial de equipos

Portugal Barreirense (2003–2007)
España Cantabria Lobos (2007)
Galicia Breogán (2007–2011)
Portugal Benfica (2011–2014)
Andorra Andorra (2014–presente)

Características editar

João Gomes, "Betinho" como se lle coñece no mundo do baloncesto, é un xogador con excelentes calidades físicas. Poderíase dicir que desenvolve un xogo típico de escolta a pesar de ter o físico propio dun beirado. Posúe un gran primeiro paso xogando un contra un, penetra con ambas as mans e finaliza moi arriba, sendo capaz de parar e tirar. Ten un bo tiro de 3 puntos, balón dobrado, un contra un e é especialmente rápido ao contraataque. A súa mellora é aínda máis evidente no xogo 5*5 onde agora xa axunta o seu físico co coñecemento do xogo.[1]

Traxectoria editar

Procedente do FC Barreirense fichou polo Cantabria Lobos na tempada 2007 antes de incorporarse nese mesmo no Breogán, onde xogou dende aquela ata o ano 2011. Era un dos xogadores que máis facía vibrar á bancada coas súas accións espectaculares. Participou no Eurobasket 2007 de España coa Selección de baloncesto de Portugal.

Clubs editar

Notas editar

  1. "Ficha de Betinho en www.cbbreogan.com". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2009. Consultado o 14 de maio de 2010. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar