João Duarte

escultor e deseñador de moedas e medallas portugués

João Duarte, nado en Lisboa en 1952, é un escultor e deseñador de moedas e medallas portugués.

Infotaula de personaJoão Duarte
Biografía
Nacemento1952 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Superior de Belas-Artes de Lisboa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónnumismático , escultor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

João Duarte ingresou en 1973 na Escola Superior de Belas Artes de Lisboa (posteriormente integrada na Universidade de Lisboa). En 1975 interrompeu os seus estudos para cumprir o servizo militar en Cabinda, Angola, onde tamén completou o Curso Geral dos Liceus. Ao seu regreso a Lisboa, en 1976 continuou coa súa formación e en 1978 acadou a súa licenciatura en Artes Plásticas, na especialidade de Escultura.[1]

No curso 1978-1979 comezou a súa actividade docente en diversos niveis educativos, ata que en 1995 accedeu a un posto como profesor agregado na Facultade de Belas Artes da Universidade de Lisboa, onde ademais creou o Centro de Investigación e de Estudos Volte Face de Medalla Contemporánea.[1]

O 31 de xaneiro de 2012 xubilouse da súa dedicación á universidade e o ano seguinte publicou un libro compilatorio da súa traxectoria, titulado João Duarte 30 Anos de Medalha e Moedas, e editado pola Imprensa Nacional-Casa da Moeda.[1][2] Así mesmo, en 2018 foi o organizador dunha mostra sobre a súa actividade artística, titulada Escultor João Duarte - o ateliê. 40 anos de carreira, na galería do Movemento Arte Contemporánea, en Lisboa.[3]

Entre outras entidades de carácter asociativo e académico, João Duarte é membro da Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM) desde 1990. En 1998 foi elixido membro correspondente e en 2009 membro efectivo da Academia Nacional de Belas Artes de Lisboa, onde a partir de 2012 pasou a ocupar o cargo de secretario xeral.[1]

Recoñecementos editar

Obra editar

 
Moeda de 200 escudos de 1995 conmemorativa do 50 aniversario das Nacións Unidas. O reverso é obra de João Duarte.[5]

Como artista, a súa obra céntrase na escultura, tanto en pequenos formatos como grandes obras con carácter monumental, así como no deseño e o gravado de medallas artísticas e de moedas conmemorativas cuñadas pola Imprensa Nacional Casa da Moeda.[1]

Duarte realizou dezenas de exposicións colectivas de escultura e medallística tanto en Portugal como noutros países, sinaladamente en España, os Estados Unidos, Alemaña, Xapón, Bélxica, os Países Baixos, Hungría, o Reino Unido, Finlandia e Suíza.[3]

Como deseñador de moedas, cómpre salientar as moedas bimetálicas de 100 escudos dedicada á FAO (1995) e de 200 escudos comemorativa dos 50 anos da ONU (1995), así como diversas moedas conmemorativas, algunhas en ouro e en prata, co seu valor facial en euros.[3][6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Sobre o Autor". Escultorjoaoduarte.com
  2. Duarte, J. (2013). João Duarte 30 Anos de Medalha e Moedas / 30 Years Medals and Coins. Imprensa Nacional Casa da Moeda, Lisboa. ISBN 978-9722720380
  3. 3,0 3,1 3,2 "Escultor João Duarte comemora 40 anos de carreira com exposição e livro Arquivado 01 de febreiro de 2022 en Wayback Machine.". En Diário de Notícias. 3 de abril de 2018.
  4. "Recipients of the Saltus Medal Award". American Numismatic Society.
  5. "200 Escudos United Nations". Numista.com.
  6. "Moeda". Escultorjoaoduarte.com
  7. "100 Escudos FAO". Numista.com.