Jimmy Johnstone

futbolista británico

James Connolly Johnstone, tamén chamado Jinky, nado o 30 de setembro do 1944 na vila escocesa de Uddingston (Lanarkshire) e finado o 13 de marzo do 2006 na mesma localidade, foi un futbolista escocés.

Jimmy Johnstone
Información persoal
Nacemento 30 de setembro de 1944
Lugar de nacemento Uddingston
Falecemento 13 de marzo de 2006
Lugar de falecemento Uddingston
Altura 155 centímetros
Posición extremo esquerdo
Na rede
http://www.jimmyjohnstone.com
FIFA: 51610 UEFA: 37378 Find a Grave: 13626523 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Estatua de Jimmy Johnstone

Traxectoria editar

Foi un dos grandes da historia do Celtic ó artellar parte dos Lisbon Lions que conseguiran gañar a Copa de Europa para os católicos de Glasgow no 1967. Cos verdibrancos xogou 515 encontros conseguindo 130 goles.

Pero non só xogou para o Celtic, senón que tamén o fixo no San Xosé Earthquakes antes de volver ó Reino Unido no 1975 para xogar previamente ó seu retiro no Sheffield United, Dundee F.C., Shelbourne F.C. e Elgin City nesta orde.

Futbolista que desenvolvía o rol de extremo e de curta estatura co seu 1.57 metros mais moi rápido, áxil, forte, un diaño coa bola nos pés e un xogador que endexamais se viña cara embaixo. De feito gañou o sobrenome de Lord of the Wings, é dicir, de señor das bandas.

Representou a selección escocesa nun total de 23 veces acadando 4 tantos e sendo partícipe da sonada vitoria en Wembley por 2-3 fronte ós ingleses en 1967.

Foi Balón de Bronce nunha ocasión.