Jimmy Eat World é unha banda estadounidense de rock alternativo procedente de Mesa (Arizona), formada no ano 1993. O grupo está composto polo vocalista e guitarrista Jim Adkins, o guitarrista e corista Tom Linton, o baixista Rick Burch e o batería Zach Lind.

Jimmy Eat World
OrixeMesa (Arizona),
Período1993 - presente
Xénero(s)rock alternativo, emo, pop punk, power pop
Selo(s) discográfico(s)Interscope, DreamWorks, Capitol, Wooden Blue, Fueled By Ramen, Better Looking, Geffen, Big Wheel Recreation
MembrosJim Adkins
Tom Linton
Rick Burch
Zach Lind
Antigos membrosMitch Porter
Na rede
jimmyeatworld.com
IMDB: nm1454347 Facebook: jimmyeatworld Twitter: jimmyeatworld Instagram: jimmyeatworld MySpace: jimmyeatworld Youtube: UCFeCvEjX56ReS-O3QHdyjbA Souncloud: jimmyeatworld Spotify: 3Ayl7mCk0nScecqOzvNp6s Last fm: Jimmy+Eat+World Musicbrainz: bbc5b66b-d037-4f26-aecf-0b129e7f876a Songkick: 82317 Discogs: 82079 Allmusic: mn0000852688 Deezer: 346 Genius: Jimmy-eat-world Editar o valor em Wikidata

Jimmy Eat World levga editados sete álbums de estudio, os seus últimos coa súa formación actúa. Orixinalmente tiñan un son punk rock e editaron a súa primeira demo en 1993, seguida polo seu EP One, Two, Three, Four en 1994. O seu álbum de estrea, Jimmy Eat World foi lanzado tamén en 1994, co seu actual guitarrista, Tom Linton, cantando na meirande parte dos temas. Jimmy Eat World lanzou o seu segundo e terceiro traballo polo selo Capitol Records. O aclamado Clarity, aparecido en 1999, contén o sinxelo "Lucky Denver Mint", que apareceu na película Never Been Kissed.

O éxito comercial chegoulle coa edición de varios sinxelos do seu álbum Bleed American, que acadaron o top 20 da lista Hot Modern Rock Tracks, chegando "The Middle" ao número 1. O segunte álbum de Jimmy Eat World foi Futures, que conseguiu outro número 1 na lista Modern Rock Tracks, "Pain". O seu sexto traballo, Chase This Light, converteuse no que máis alto subiu nas listas, conseguindo chegar ao porto 5 da Billboard 200. O seu último disco ata o momento, Invented, foi lanzado o 28 de setembro do 2010 polo selo Interscope Records.

Discografía editar

Álbum Ano Selo Observacións
Jimmy Eat World 1994 Wooden Blue
Static Prevails 1996 Capitol Records
Clarity 1999
Bleed American 2001 Dreamworks, Geffen retitulado Jimmy Eat World despois dos ataques de 11 de setembro
Futures 2004 Interscope Records
Chase This Light 2007
Invented 2010
Damage 2013 RCA, Dine Alone
Integrity Blues 2016 RCA
Surviving 2019 RCA, Exotic Location

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar