Jimena de la Frontera

Jimena de la Frontera[1] é un concello da provincia de Cádiz, na comunidade autónoma de Andalucía. Está situada na comarca de Campo de Xibraltar, a 112 km da capital provincial, Cádiz.

Modelo:Xeografía políticaJimena de la Frontera
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 36°26′00″N 5°27′00″O / 36.4333, -5.45Coordenadas: 36°26′00″N 5°27′00″O / 36.4333, -5.45
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Cádiz Editar o valor em Wikidata
CapitalJimena de la Frontera Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación6.675 (2023) Editar o valor em Wikidata (19,31 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie345,66 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude99 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataGuillermo Ruiz Ruiz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postalJimena: 11330
Estación de Jimena: 11339
San Pablo de Buceite: 11320 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE11021 Editar o valor em Wikidata

Páxina webjimenadelafrontera.es Editar o valor em Wikidata

O municipio ten catro localidades: Jimena de la Frontera, Los Ángeles ou Estación de Jimena, San Pablo de Buceite e San Martín del Tesorillo. O seu territorio, situado entre a Baía de Alxeciras e a Serranía de Ronda, está incluído no Parque Natural dos Alcornocales (corticeiras).

Limita polo norte coas localidades de Cortes de la Frontera e Gaucín (ambas da provincia de Málaga), polo sur con Castellar de la Frontera e San Roque, polo leste coas poboacións de Málaga de Gaucín e Casares, e polo oeste con Alcalá de los Gazules.

Xeografía editar

Jimena de la Frontera sitúase na zona oriental da provincia, no interior da comarca do Campo de Xibraltar, na estrada San Roque-Ronda. Áchase veciña á provincia de Málaga, sendo o límite efectivo da provincia de Cádiz con esta. A súa localización entre a Serranía de Ronda e a Baía de Alxeciras conserva unha dos paraxes de bosque mediterráneo máis importantes do sur de Europa: o Parque Natural das Corticeiras.

O territorio de Jimena está situado ao norte do Campo de Xibraltar, polo que as súas terras non tocan o mar, co que se comunica a través do río Guadarranque, que nace no sueste do concello. Outro río que transcorre polo municipio é o río Guadiaro, e o río Hozgarganta, que xunto a numerosos afluentes de escaso caudal configuran a rede hidrolóxica do municipio.

 
Jimena desde o castelo.

Xeoloxicamente pertence ao denominado complexo do Campo de Xibraltar. Estes terreos, compostos de arxilas e arenitas do Cretáceo e Mioceno Inferior, foron depositados en ambientes oceánicos e postoceánicos e dobrados, levantados e trasladados durante o período cuaternario na oroxenia alpina.

Case as dúas terceiras partes do seu termo municipal pertence ao "Parque Natural Los Alcornocales" de orografía cha e clima benigno. A zona sueste, fóra do parque, está formada por un conxunto de curutos de onde saen as augas que orixinan os regos que se unirán ao Guadarranque.

Demografía editar

Segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística, referidos ao 1 de xaneiro de 2009[2], tiña 10.431 habitantes. A súa extensión superficial é de 347 km² e ten unha densidade de 29,88 hab/km². Evolución da poboación desde 1900.

Política editar

O alcalde de Jimena de la Frontera é Pascual Collado Saraiva, do PSOE, que obtivo a maioría nas eleccións municipais de 2007. Substitúe a Ildefonso Gómez Ramos, do mesmo partido político.

Eleccións municipais
Anos Partidos políticos % Votos Concelleiros

2007

PSOE

PA

PP

49,48%

19,71%

19,23%

2772

1104

1077

7

3

3

2003

PSOE

PA

PP

51,15%

31,6%

16,03%

2687

1660

842

7

4

2

1999

PSOE

PA

PP

IU

57,98%

19,77%

12,53%

8,78%

2965

1011

641

449

8

3

1

1

1995

PSOE

PAP

PP

IU

PA

60,40%

14,57%

12,18%

11,20%

0,42%

3019

728

609

560

21

9

2

1

1

0

Notas editar

  1. A locución "de la Frontera" alude á fronteira granadina.
  2. Instituto Nacional de Estadística, Cifras de poboación referidas ao 01/01/2009 Real Decreto 1918/2009, de 11 de decembro Arquivado 18/11/2010, en Wayback Machine.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar