Jim Ward
músico estadounidense
Jim Ward, nado en El Paso (Texas) o 19 de setembro de 1976, é o vocalista, guitarrista e líder da banda de rock Sparta e foi cofundador, guitarrista e pianista da banda seminal de post-hardcore At the Drive-In.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de setembro de 1976 (47 anos) El Paso, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | El Paso High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante , pianista , guitarrista |
Período de actividade | 1993 - |
Xénero artístico | Rock alternativo |
Instrumento | Guitarra, piano e voz |
A súa primeira grande banda foi Foss, onde tocaba a guitarra e cantaba. Nela foi onde comezou a traballar con Cedric Bixler-Zavala. A banda desfíxose despois de editar un único traballo, El Paso Pussycats.
Despois pasaría a formar parte de At the Drive-In como guitarrista e corista, tocando tamén o piano e os teclados nalgunhas cancións, e sendo a voz principal no tema "Hourglass", no seu álbum In/Casino/Out.