James Robert Davis, nado o 28 de xullo de 1945 en Marion, Indiana, máis coñecido como Jim Davis, é un debuxante de cómics estadounidense, coñecido por ser o creador de Garfield.

Jim Davis
Nome completoJames Robert Davis
Nacemento28 de xullo de 1945
Lugar de nacementoMarion (Indiana)
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Estadual Ball
Ocupaciónguionista, artista de banda deseñada, produtor de televisión e director de cinema
Coñecido porGnorm Gnat
PremiosInkpot Award, Reuben Award e honorary doctor of Purdue University
Na rede
http://www.garfield.com/
IMDB: nm0204825 WikiTree: Davis-25197 Tebeosfera: davis_james_robertEditar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

Davis criouse nunha granxa, canda seu pai Jim, seu irmán Dave e súa nai Betty, que tiña 25 gatos. A asma provocou que pasara longas tempadas encamado, tempo que aproveitaba para debuxar. Ao principio non o facía moi ben, mais co tempo foi mellorando a técnica e engadiulle textos aos seus debuxos, e así se forxou como debuxante de tiras cómicas.

Despois de graduarse na universidade -onde coñeceu á súa muller Carolyn - traballou dous anos nunha axencia de publicidade. En 1969, comezou a traballar como axudante de Tom Ryan, o creador da tira cómica Tumbleweeds. Posteriormente, Davis creou a tira cómica de Gnorm Gnat -algo así como Mosquito Gnorm- que, aínda que se publicou nun periódico local de Indiana, non conseguiu vender á compañía nacional de editores de tiras cómicas Paws.

Tras cinco anos publicando as historias do susodito mosquito, Davis decidiu crear a Garfield. Esta vez si lle mercaron as tiras cómicas e empezou a publicarse en 1978 en 41 diarios. Nunca pensou que ese gato chegaría a ter tanto éxito: actualmente Garfield protagoniza a tira cómica con maior difusión en todo o mundo, con máis de 220 millóns de lectores e publicada en máis de 2.500 periódicos mundiais. Para Jim Davis, a vida con Garfield é simple: "Se nós tratamos ben ao gato, o gato trataranos ben a nós".

Con esa premisa non só creou a tira cómica, senón ducias de best-séllers traducidos a 26 idiomas, unha serie de televisión, dúas películas e trece programas especiais, como ademais todo un merchandising comercializado nunha chea de países.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar