Jesús Noya González
Jesús Noya González, nado en Santiago de Compostela en 1865 e finado en Viveiro o 25 de xullo de 1943,[1] foi un escritor e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1865 Santiago de Compostela, España |
Morte | 25 de xullo de 1943 (77/78 anos) Viveiro, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Foi profesor no Colexio da Natividade de Viveiro. Dirixiu o periódico El Eco de Vivero dende 1893 e foi desterrado de Viveiro en 1908 por tres anos e medio, instalándose en Mondoñedo. Alcanzou o grao de subdiácono (1909) en Mondoñedo, onde foi profesor de Historia eclesiástica, Patroloxía e Arqueoloxía cristiá no Seminario. Volveu a Viveiro, foi director da Biblioteca municipal e cronista da cidade, e dirixiu La Defensa e colaborou en Heraldo de Vivero, La Voz del Pueblo, Renovación e El Correo Español. Deixou incompleta a serie El Eco. Paseo histórico-artístico pola ciudad de Vivero. Escribiu unha peza teatral en galego, Na boca do lobo (inédita), unha novena do Ecce-Homo e traballos sobre a beata Constanza de Castro.
Parte do seu legado documental podemos atopalo no Arquivo do Museo Provincial de Lugo.
Notas editar
- ↑ El Progreso, 27-7-1943, p. 4
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Villar Ponte, Ramón (1944). "Don Jesús Noya González". Boletín da RAG (RAG) (277-280): 11–12. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2013. Consultado o 05 de marzo de 2014.