Jesús López Digón

traballador e militar galego

Jesús López Digón, nado en Prados (Cereixedo, Cervantes) en 1913 e finado no campo de concentración de Mauthausen-Gusen o 6 de agosto de 1940, foi un traballador e militar galego.

Infotaula de personaJesús López Digón
Biografía
Nacemento1913 Editar o valor em Wikidata
Prados, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de agosto de 1940 Editar o valor em Wikidata (26/27 anos)
Campo de concentración de Mauthausen-Gusen, Austria Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónobreiro , militar Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Emigrou a Barcelona cos seus irmáns, onde casou con Pilar Prados. Combateu co bando leal. Regresou a Barcelona durante a guerra para recoñecer o seu fillo, Jesús López Prados, antes de fuxir a Francia a comezos do 1939. Trasladado ao campo de concentración de Mauthausen-Gusen finou o 6 de agosto de 1940.

A súa irmá Vicenta López Digón e o seu fillo, Jesús Camuñas López, foron asasinados e enterrados nunha foxa común en Vilafranca do Bierzo en 1948 por colaborar coa guerrilla antifranquista.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar