Jesús Gómez García
avogado e político galego
Jesús Gómez García, finado en Padrón en outubro de 1941,[1] foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Morte | outubro de 1941 Padrón, España |
Alcalde de Padrón | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Traxectoria editar
Secretario do concello de Tordoia, foi nomeado secretario do concello de Padrón en 1910.[2] Foi presidente do Centro Recreativo de Padrón (1914).[3] Dimitiu como secretario do concello en febreiro de 1924.[4] Foi nomeado alcalde de Padrón a principios de febreiro de 1931.[5] Na Segunda República foi elixido alcalde de Padrón pola ORGA. Dimitu en marzo de 1932.[6]
Predecesor: Benito Rodríguez López |
Alcalde de Padrón 1931 - 1932 |
Sucesor: Ramón Piñeiro Eiriz |
Vida persoal editar
Casou con Manuela Mosquera e foi pai de Maruja, Josefa e Enrique Gómez Mosquera.