Jerzy Maculewicz
Jerzy Maculewicz, nado o 30 de maio de 1955 en Dashiv (R.S.S. de Ucraína), é un franciscano conventual católico latino polaco, administrador apostólico de Uzbekistán dende o 1 de abril de 2005.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de maio de 1955 (68 anos) Dashiv (en) |
Bispo titular | |
1 de abril de 2005 – Diocese: Nara (en) | |
Administrador apostólico | |
1 de abril de 2005 – Diocese: Apostolic Administration of Uzbekistan (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Polonia |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (2005–), sacerdote católico (1996–) |
Lingua | Lingua polaca |
Orde relixiosa | Orde Franciscana |
Consagración | Angelo Sodano |
Traxectoria editar
O 2 de outubro de 1994 fixo a profesión na Orde dos Freires Menores Conventuais, e o 22 de xuño de 1996 foi ordenado sacerdote da devandita orde polo bispo de Sosnowiec, Adam Śmigielski.
O 1 de abril de 2005 foi nomeado administrador apostólico de Uzbekistán e bispo titular de Nara. Recibiu a consagración episcopal o 14 de maio de mans do cardeal Angelo Sodano, e tivo como co-consagrantes principais ao secretario da Congregación para a Evanxelización dos Pobos Robert Sarah e ao nuncio en Uzbekistán Józef Wesołowski.[1]
Notas editar
- ↑ "Uzbekistan: Kościół zaniepokojony". Radio Vaticana (en polaco). 16 de maio de 2005. Consultado o 23/09/2018.
Jerzy Maculewicz przyjął w minioną sobotę wieczorem sakrę biskupią [...]. Konsekratorem był kardynał sekretarz stanu Angelo Sodano, a współkonsekratorami [...] Józef Wesołowski oraz [...] Robert Sarah.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Krzysztof Kukułka |
Administrador apostólico de Uzbekistán dende 2005 |
Sucesor: (no cargo) |