Jeff "Swampy" Marsh

Jeff "Swampy" Marsh, nado o 9 de decembro de 1960 en Santa Monica (California), é un director de televisión, produtor, realizador de storyboards e actor de voz estadounidense relacionado con varias series de animación.

Infotaula de personaJeff "Swampy" Marsh

(2009) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de decembro de 1960 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Santa Monica (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónReseda High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista , director de televisión , produtor de televisión , compositor de bandas sonoras , actor , actor de dobraxe , director de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaLes Brown Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0550578 Musicbrainz: 0f34ade0-6d8f-4b96-944e-b08441e6f87d Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou no mundo da animación traballando realizando fondos de animación[1] na serie The Simpsons. Entre 1993 e 1996 foi escritor e director na serie A vida moderna de Rocko, onde coincidiu con Dan Povenmire, con quen xa traballara nos Simpsons, e xuntos concibiron nesa época a serie Phineas and Ferb[2] que presentaron a varias cadeas que a rexeitaron. En 1996 estableceuse en Londres, traballou en varias series de animación como O carteiro Pat e Bounty Hamster. En 2005 Dan Poverine presentou Phineas and Ferb á Disney que pediu a reallización dun episodio piloto de 11 minutos[3], logo despois de contactar con Marsh este volve aos Estados Unidos para a realización do episodio, tras velo danlle o plácet para realizaren 26 episodios[4], emitíndose finalmente o piloto o 17 de agosto de 2007 que viron 10.8 millóns[5] de espectadores en Disney Channel, a serie emítese regularmente a partir do 1 de xaneiro de 2008, Swampy ademais de produtor executivo dálle voz ao personaxe do Major Francis Monogram.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar