Jeannie Longo

ciclista francesa

Jeannie Longo, nada o 31 de outubro de 1958 en Annecy, Francia, é unha ciclista profesional que viviu a súa época dourada na década dos 90.

Infotaula de personaJeannie Longo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de outubro de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Annecy, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Altura164 cm Editar o valor em Wikidata
Peso47 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónciclista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaFrancia Editar o valor em Wikidata
DeporteCiclismo de montaña Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
2007-2007 Team Uniqa (en) Traducir
2008-2008 Team Pro féminin du Génevois (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
20132013 in women's road cycling (en) Traducir (355ª)
20122012 in women's road cycling (en) Traducir (208ª)
20112011 in women's road cycling (en) Traducir (81ª)
20102010 in women's road cycling (en) Traducir (25ª)
20092009 in women's road cycling (en) Traducir (21ª)
2008Xogos Olímpicos de 2008
2004Xogos Olímpicos de 2004
2000Xogos Olímpicos de 2000
19981998 UCI Women's Road World Cup (en) Traducir (9ª)
1996Xogos Olímpicos de 1996
1992Xogos Olímpicos de 1992
1988Xogos Olímpicos de 1988
1984Xogos Olímpicos de 1984 Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webjeannielongo.free.fr Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1738242 Olympic.org: jeannie-longo-ciprelli Editar o valor em Wikidata
Jeannie Longo

Traxectoria editar

Comparada con Eddy Merckx, polo seu dominio no ciclismo feminino, é famosa pola súa natureza altamente competitiva e a súa lonxevidade como deportista. En Pequín 2008 participou nos seus sétimos Xogos Olímpicos, ficando ás portas do bronce, na cuarta posición na proba de contra o reloxo, a só dous segundos da suíza Karin Thürig.[1]

Posúe catro medallas olímpicas e trece títulos mundiais, en ciclismo en ruta e en pista, ademais de 38 marcas mundiais.[2]

Empezou a súa carreira deportiva como esquiadora, deporte no cal foi campioa do seu país na categoría escolar en 1975. Catro anos despois, en 1979, Jeannie foi campioa universitaria nas categorías de descenso, slálom e xigante.

Foi entón cando, o daquela seu adestrador, e actualmente esposo, Patrice Ciprelli, a faría pasarse ao ciclismo. Poucos meses despois gañou o Campionato Nacional de Francia de ciclismo en ruta.

En xuño de 2009 sumou o seu 56º título nacional, ao proclamarse campioa de Francia en contra o reloxo, con 50 anos.

Ademais dos seus logros deportivos, Longo tamén traballou no eido académico, licenciándose en Matemáticas e Xestión Económica e doutorándose en Deporte.

Palmarés editar

Xogos Olímpicos editar

  • Medalla de ouro de ciclismo en ruta en 1996  
  • Medalla de prata de ciclismo en ruta contra o reloxo en 1996  
  • Medalla de prata de ciclismo en ruta en 1992  
  • Medalla de bronce de ciclismo en ruta contra o reloxo en 2000  

Campionatos do mundo editar

  • Campioa do mundo de ciclismo en ruta en 1985, 1986, 1987, 1989 e 1995    
  • Campioa do mundo de ciclismo en ruta contra o reloxo en 1995, 1996, 1997 e 2001    
  • Campioa do mundo de ciclismo en pista (persecución) en 1986, 1988 e 1989    
  • Campioa do mundo de ciclismo en pista (carreira de puntos) en 1989    
  • 2 medallas de prata de ciclismo en ruta en 1981 e 1993  
  • Medalla de prata de ciclismo en ruta contra o reloxo en 2000  
  • Medalla de prata de ciclismo en ruta contra o reloxo por equipos en 1992  
  • 3 medallas de prata de ciclismo en pista en 1984, 1985 e 1987  
  • Medalla de prata de cyclo-cross en 1993  
  • 2 medallas de bronce de ciclismo en ruta en 1994 e 2001  
  • 3 medallas de bronce de ciclismo en pista en 1981, 1982 e 1983  

Campionatos de Europa editar

  • Campioa de Europa de campo a través en 1994  

Campionatos de Francia editar

  • 57 títulos de campioa de Francia (primeiro título sobre ruta en 1979 e último en contra o reloxo en 2010), nas especialidades: en ruta, de contra o reloxo, de persecución, de carreira aos puntos, de campo a través (VTT), de contra o reloxo por equipos.    
  • Campioa de Ile-de-France: persecución, carreira aos puntos, en ruta: de 1992 a 1996
  • Campioa de Dauphiné-Savoie: en ruta, velocidade, persecución, carreira aos puntos: de 1977 a 1989

Tour de Francia feminino editar

  • Gañadora en 1987, 1988 e 1989  
  • 2ª en 1985, 1986, 1992 e 1995
  • 3ª en 1996
  • Clasificación por puntos en 1985, 1986, 1987 e 1988  
  • Clasificación da montaña en 1989  

Outros editar

Recoñecementos editar

Dopaxe editar

En novembro de 1987, tras superar a marca mundial de 3.000 metros en Colorado Springs, Longo deu positivo por efedrina no control antidopaxe.[3]

Notas editar

  1. "Longo, 49 años y cuarta". El Periódico de Aragón (en castelán). 14 de agosto de 2008. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 04 de xullo de 2010. 
  2. "Jeannie Longo, Beijing 2008". ESPN. 2008. Arquivado dende o orixinal o 12-09-2008. Consultado o 4-07-2010. 
  3. "Longo: "No aceptaré ninguna suspensión"" (PDF). El Mundo Deportivo. 13-11-1987. Consultado o 8-8-2009. 

Véxase tamén editar