Jean Maurice Eugène Clément Cocteau, nado en Maisons-Laffitte o 5 de xullo de 1889 e finado en Milly-la-Forêt o 11 de outubro de 1963, foi un poeta, novelista, dramaturgo, pintor, deseñador, crítico e cineasta francés.

Infotaula de personaJean Cocteau

(1923) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Jean Maurice Eugène Clément Cocteau Editar o valor em Wikidata
5 de xullo de 1889 Editar o valor em Wikidata
Maisons-Laffitte (Francia) Editar o valor em Wikidata
Morte11 de outubro de 1963 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Milly-la-Forêt (Francia) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaChapelle Saint-Blaise-des-Simples (en) Traducir (1964–) Editar o valor em Wikidata
Cadeira 31 da Academia Francesa (pt) Traducir
3 de marzo de 1955 – 11 de outubro de 1963
← Jérôme Tharaud (pt) TraducirJacques Rueff →
Presidente do xurado do Festival de Cannes

← Maurice GenevoixMarcel Pagnol → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónLycée Condorcet (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , fotógrafo , deseñador , escritor , deseñador de selos , compositor , deseñador de xoias , prosista , ceramista , autor , actor de dobraxe , guionista , director de cinema , dramaturgo , libretista , poeta , ilustrador , actor , novelista , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1908 Editar o valor em Wikidata - 1963 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoDrama e Traxedia Editar o valor em Wikidata
MovementoTeatro do absurdo e Modernismo Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
RepresentanteArtists Rights Society e Light Cone (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
28 de xuño de 1964Documenta III (en) Traducir
Medusa, Bijoux et tabous (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor em Wikidata
ParellaÉdouard Dermit (pt) Traducir (1947–1963)
Jean Marais (1937–1963)
Natalia Pavlovna Paley (1932–1934)
Jean Desbordes (pt) Traducir (1928–1930)
Raymond Radiguet (1919–1924)
Jean Le Roy (en) Traducir (1915–1917) Editar o valor em Wikidata
NaiEugénie Cocteau (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0168413 Allocine: 210 Rottentomatoes: celebrity/jean_cocteau Allmovie: p85359 IBDB: 6673
Dialnet: 1970247 Last fm: Jean+Cocteau Musicbrainz: 2c5c8168-3b32-4d5f-af22-0a25f31777a8 Songkick: 90968 Discogs: 195292 IMSLP: Category:Cocteau,_Jean Allmusic: mn0000058194 Find a Grave: 6629 Editar o valor em Wikidata
Retrato de Jean Cocteau por Federico de Madrazo y Ochoa (1912)

Traxectoria editar

Naceu nunha pequena cidade preto de París. Fillo de Georges Cocteau e de Eugénie Lecomte, foi o menor tras Marthe (12 anos) e Paul (8 anos). En 1898 Georges Cocteau, rentista fillo de avogados, suicidouse propinándose un balazo na cabeza. Isto, xunto co posterior traslado de Marthe e Paul ao fogar dos seus avós, fixo que Eugénie Lecomte fose unha nai sobreprotectora co pequeno Jean.

En 1900 ingresou no Lycée Condorcet, do que foi expulsado por indisciplina no ano 1904. En 1906 ingresou no Lycée Fénelon, onde nunca logrou un rendemento regular, por culpa do seu pouco interese.

En 1908, Édouard de Max, fanático da poesía do mozo Cocteau, presentouno nunha Matinée Poética no Théâtre Muller, onde non dubidou en declaralo como un novo prodixio da poesía. Así, un ano máis tarde, publicou a súa primeira compilación poética, La lampe d'Aladin. En 1909 trasladouse á súa nova residencia, na rue d'Anjou de París, xunto coa súa nai. Este mesmo ano, tivo unha fugaz relación coa comediante Madeleine Carlier.

No ano 1909, grazas á súa amizade con Serguei Diaghilev e á revelación dos Ballets Rusos, Jean Cocteau ingresou no círculo do ballet e o teatro.

A morte súbita de Raymond Radiguet, gran compañeiro de Cocteau, o 12 de decembro de 1923 afectou terriblemente ao poeta, que chegou a declarar: «xa non escribirei». Desesperado, Cocteau enganchouse ao opio e, a pesar de someterse a numerosas curas de desintoxicación, consumiu droga até o final da súa vida.

En 1930 realizou a súa primeira película: Le sang d'un poète (O sangue dun poeta). Cocteau foi hospitalizado durante 40 días debido a un ataque de febre tifoide. Durante 1932 mantivo unha relación con Nathalie Paley, filla dun gran duque Romanov. Quedou embarazada, pero abortou debido á intervención de Marie-Laure de Noailles, quen de moza amara a Cocteau e propúxose arruinar a súa nova relación. Durante o transcurso do ano 1933, mantivo unha fugaz relación con Marcel Khill, quen faleceu en 1940.

En 1943 faleceu a súa nai, Eugénie Lecomte. En 1945 gravou a película La Belle et la Bête, onde coñeceu a quen foi a súa parella máis duradeira, Jean Marais, cuxa relación levantou fortes críticas que Cocteau contrarrestou nos seus ensaios contra a homofobia. En 1947 reencontrouse con Édouard Dermit, quen se converterá a partir de entón no seu fillo adoptivo e herdeiro universal. O 10 de xuño de 1954 Cocteau foi vítima dun infarto de miocardio.

O 3 de marzo de 1955, Jean Cocteau foi nomeado membro da Academia francesa (l'Académie française).

En 1958 faleceu a súa irmá, Marthe Cocteau. En 1957 foi nomeado Membro Honorario do Instituto Nacional de Artes e de Letras de Nova York. En 1961 faleceu o seu irmán, Paul Cocteau.

Obras editar

 
Jean Cocteau, 1923

Novela

  • Le Potomak, 1919.
  • Le Grand écart, 1923.
  • Thomas l'imposteur, 1923.
  • Le livre blanc, 1928.
  • Les Enfants terribles, 1929.
  • La Fin du Potomak, 1940.
  • Les deux travestis, 1947.

Poesía

  • La lampe d'Aladin, 1909.
  • Le prince frivole, 1910.
  • La danse de Sophocle, 1912.
  • Le Cap de Bonne-Espérance, 1918.
  • L'Ode à Picasso, 1919.
  • Poésies 1917-1920, 1920.
  • Vocabulaire, 1922.
  • Plain-chant, 1923.
  • Cri écrit, 1925.
  • Prière mutilée, 1925.
  • L'Ange Heurtebise, 1926.
  • Opéra, 1927.
  • Morceaux choisis, poèmes, 1926-1932, 1932.
  • Mythologie, 1934.
  • Énigme, 1939.
  • Allégories, 1941.
  • Poèmes écrits en allemand, 1944.
  • Léone, 1945.
  • La crucifixion, 1946.
  • Poèmes, 1948.
  • Anthologie poétique de Jean Cocteau, 1951.
  • La nappe du Catalan , 1952.
  • Le chiffre sept, 1952.
  • Appogiatures, 1953.
  • Dentelle d'éternité, 1953.
  • Clair-obscur, 1954.
  • Poèmes, 1916-1955, 1956.
  • Paraprosodies précédées de 7 dialogues, 1958.
  • Gondole des morts, 1959.
  • Cérémonial espagnol du phénix, suivi de La partie d'échecs, 1961.
  • Le Requiem, 1962.

Dramaturxia

  • Orphée, 1926.
  • Oedipe roi, 1928.
  • Roméo et Juliette, 1928.
  • La Voix humaine, 1930. Traducida ao galego por Anxo Rei Ballesteros.
  • La machine infernale, 1934.
  • Le bel indifférent, 1940.
  • Théâtre I: Antigone - Les Mariés de la tour Eiffel - Les Chevaliers de la table ronde - Les Parents terribles, 1948.
  • Théâtre II: Les Monstres sacrés - La Machine à écrire - Renaud et Armide - L'Aigle à deux têtes, 1948.
  • Théâtre de poche, 1949.
  • Bacchus, 1952.
  • Nouveau théâtre de poche, 1960.
  • L'Impromptu du Palais-Royal, 1962.
  • Paul et Virginie, 1968.
  • Le gendarme incompris, 1971.

Pintura

  • Dessins, 1923.
  • Le mystère de Jean l'oiseleur, 1925.
  • Maison de santé, 1926.
  • Poésie plastique, 1927.
  • 25 dessins d'un dormeur, [1928].
  • Soixante dessins pour les Enfants terribles, 1935.
  • Dessins en marge du texte des Chevaliers de la table ronde, 1941.
  • Drôle de ménage, 1948.
  • La chapelle Saint-Pierre, Villefranche-sur-mer, 1957.
  • La salle des mariages, Hôtel de ville de Menton, 1957.
  • La Chapelle Saint-Pierre, 1958.
  • Saint-Blaise- des -simples, 1960.

Cine

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar