Jean-Pierre Rampal

Jean-Pierre Rampal, nado en Marsella o 7 de xaneiro de 1922 e finado en París o 20 de maio de 2000, foi un frautista francés recoñecido por devolver á frauta a súa popularidade como instrumento solista (popularidade que non tiña dende o século XVIII)[Cómpre referencia].

Infotaula de personaJean-Pierre Rampal

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xaneiro de 1922 Editar o valor em Wikidata
Marsella, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte20 de maio de 2000 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Insuficiencia cardíaca Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónLycée Thiers (en) Traducir
Conservatorio de París Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónflautista , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1946 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorConservatorio de París Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor em Wikidata
ProfesoresGaston Crunelle (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosPatrick Gallois (pt) Traducir, Cécile Daroux (en) Traducir e Marc Zuili (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoFrauta Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm2037903 Spotify: 1CyKlAhkI1ztihZ5V0yx6s iTunes: 2134749 Musicbrainz: 4deb8a6c-38f1-47d6-9e75-ada1add9dd65 Discogs: 379816 Allmusic: mn0000813814 WikiTree: Rampal-1 Find a Grave: 21577 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Rampal naceu en Marsella, onde seu pai, Joseph Rampal, era o primeiro frautista na sinfónica e mestre no Conservatorio. Aínda que non tiña a motivación para chegar a ser músico profesional, seu pai ensinoulle dende que o xove Jean-Pierre tiña 12 anos. Aos 16 anos obtivo o seu primeiro premio como frautista, no mesmo ano que deu o seu primeiro recital público.

Non sería ata moito despois que Rampal, unha vez comezados os estudos de medicina, decidiu seguir coa carreira artística. No seu terceiro ano na escola de medicina, as forzas de ocupación nazis enviaronlle a realizar traballos obrigatorios a Alemaña, mais no canto de reportarse ao servizo, pasou á clandestinidade e dirixiuse a París. Aló decidiu seguir cursos no Conservatorio Nacional e cinco meses despois graduouse co primeiro lugar da competición anual de frautistas, premio que Joseph, o seu pai, xa gañara antes, en 1919.

En 1945, Rampal foi invitado a tocar un concerto de frauta xunto coa orquestra da Ópera de París, deste xeito adquiriu certa fama e experiencia. Ao longo dos dez anos seguientes, Rampal adicouse a ser intérprete solista, e coa Guerra rematada, adicóuse a dar unha serie de concertos comezando en Francia, mais logo, en 1947 trasladándose a Suíza, Austria, Italia, España e os Países Baixos xunto co seu compañeiro pianista Robert Veyron-Lacroix a quen coñecera en 1946.

En 1955 convértese no primeiro frautista da Opéra de París e logo desenvolve as súas actividades como solista ou músico de cámara. Fundou o Conxunto Barroco de París e o Quinteto de Ventos Francés. A principios dos '60 Rampal era considerado o máis virtuoso frautista internacional, pois traballou coas mellores orquestras do mundo nese tempo, mais seguiu revivindo a música, sobre todo barroca, como fixera dende 1945. Durante os '60 e ata finais dos '80 tivo moita fama, sobre todo en América e o Xapón. Durante a década dos '60 foi considerado mesmo o príncipe dos frautistas

En 1969 foi nomeado mestre do Conservatorio de París e durante os veráns ofrecou cursos na Academia Internacional de Niza. Colaborou con outros artistas coma Isaac Stern, Yehudi Menuhin e Mstislav Rostropóvich e dirixiu algunhas orquestras.

En 1978 gaña o premio Sonning Award en Dinamarca. A partir de 1980 abriuse o Concurso de Frauta Jean-Pierre Rampal, que dende ese ano efectúase premiando aos mellores frautistas do mundo.

Rampal foi un promotor incansable do repertorio para frauta, sobre todo aquel do barroco e do clasicismo. Grazas á súa labor, a frauta recupera un sitio no circuíto de concertos ao mesmo nivel que o piano ou o violín. Gravou practicamente todas as obras importantes para o instrumento, chegando a sumar máis de 50 discos. Tamén abordou arranxos e transcricións. Ademais incursionou no jazz, o folclore, a música popular e a música oriental. Houbo varios compositores que lle adicaron partituras, entroutros Jolivet, Martinon Francaix, Poulenc e Boulez, e a comezos dos '90 estreou o Concerto para frauta de Krzysztof Penderecki.

Últimos anos editar

Dese xeito en 1998 e 1999 dou os seus últimos concertos, un macroconcerto no chamado Teatro dos Campos Elisios, en París. A súa última gravación, en 1999 foi de tríos e cuartetos co trío Pasquier e co frautista Claudi Arimany.

En maio de 2000, Jean-Pierre Rampal morre dun problema cardíaco aos 78 anos.

No 2005 foi creada a Asociación Jean-Pierre Rampal para continuar o estudo da frauta solista e como apreciación á contribución de Rampal á interpretación deste instrumento.

A autobiografía de Rampal Music, My Love foi publicada en 1989.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar