Jean-François de La Pérouse

mariño francés

Jean François Galaup, conde da Pérouse (ou de Lapérouse), nado nas proximidades de Albi o 23 de agosto de 1741 e finado en Vanikoro en 1788, foi un mariño francés. A expedición naval ao redor do mundo que el dirixía desapareceu por completo en 1788 nas illas Salomón.

Infotaula de personaJean-François de La Pérouse

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de agosto de 1741 Editar o valor em Wikidata
Château du Gô, Francia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte31 de decembro de 1788 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Vanikoro Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaVanikoro Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónexplorador , navegante , militar , oficial Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1756 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarMarinha Nacional Francesa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militarComodoro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra dos Sete Anos Editar o valor em Wikidata
Participou en
1785Expedition of La Pérouse (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Outro
TítuloConde Editar o valor em Wikidata
CónxuxeÉléonore Broudou (pt) Traducir (1783–) Editar o valor em Wikidata
PaisVictor Joseph de Galaup (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Marguerite de Rességuier (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMarianne Jacquette de Galaup (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Galaup-3 Find a Grave: 220327017 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Enrolouse na Mariña aos 15 anos, en 1756. Durante o seu período escolar, en Brest, vese envolvido aínda con 17 anos nos conflitos marítimos da guerra dos Sete Anos contra Inglaterra, ao longo de América do Norte, en especial en Terra Nova e no río San Lorenzo, así como nas Antillas. Aos 18 anos, é ferido e feito prisioneiro durante a Batalla dos Cardeais, preto de Quiberon, que libraron o Mariscal de Conflans e o Almirante Hawke. Tras outra serie de actividades na costa francesa, permanecerá durante cinco anos na illa Mauricio (entón Illa de Francia), e levou a cabo distintas misións nas illas próximas.

Encárgaselle a dirección de dúas viaxes á India como comandante do Seine. Alí coñecerá á que será a súa esposa, Eléonore Broudou, unha moza crioula de orixe modesta. De volta a Francia en 1777, noméaselle tenente de navío e recibe como recompensa a Cruz de San Luís, ao salvar Mahé dos asaltantes indios.

Volveu participar nas loitas contra os ingleses con motivo da independencia do que logo serían os Estados Unidos. Loitará nas Antillas e na península do Labrador (expedición da baía de Hudson). Nestes combates demostrou o seu valor marítimo e militar, ao capturar dous fortes británicos. Con 39 anos nomeóuselle capitán de navío, debido á súa brillante traxectoria nesta guerra. casa con Eléonore Broudou en 1783, a pesar das obxeccións do seu pai, e vanse a vivir a Albi.

Tras o tratado de París, o ministro de Mariña de Castries e o rei Lois XVI selecciónano para dirixir unha expedición ao redor do mundo, cuxo obxectivo era completar os descubrimentos levados a cabo por James Cook no océano Pacífico. a expedición, que constaba de 220 homes, deixa Brest en agosto de 1785 con dous navíos, La Boussole e l'Astrolabe, barcos mercantes de 500 toneladas remodelados como fragatas para esta ocasión.

Entre os participantes na expedición, había numerosos científicos: un astrónomo, un médico, tres naturalistas, un matemático, tres debuxantes e ata sacerdotes que contaban cunha formación técnica. A expedición tiña numerosos obxectivos: xeográficos, científicos, etnolóxicos, económicos (prospección das posibilidades de caza de baleas ou recolección peles), pero tamén tiña obxectivos políticos e pretendía establecer bases francesas ou de cooperación colonial cos aliados españois (en Filipinas).

Así pois, o que se lle propuxo, foi un programa de exploración planetario no Pacífico Norte e no Pacífico Sur, incluíndo as costas de Extremo Oriente e de Australia.

 
Estatua de Jean François Galaup, Conde da Pérouse, en Albi (Tarn)

A expedición rodea o cabo de Fornos, realiza un informe sobre a colonia española de Chile e pasa polas illas de Pascua e de Hawai, navega ata Alasca, onde La Pérouse desembarca cerca do monte St. Elias a finais de xuño de 1786 e explora os arredores. Unha barca e dúas chalupas que transportaban 21 homes perdéronse nas violentas correntes da baía chamada "Porto dos Franceses" por La Pérouse (baía Lituya, hoxe). Logo, visitou Monterrey, onde examinou as misións franciscanas e elaborou notas críticas no relativo ao trato aos Amerindios.

Volveu atravesar o Pacífico, dirixíndose a Macau, onde vendeu as peles que comprara en Alasca, repartindo os beneficios coa súa tripulación. O ano seguinte, tras unha visita a Manila, dirixiuse cara á costa nordés de Asia. Descubriu as illas Quelquepart (Jeju-do), que só foran visitadas unha vez por europeos, un grupo de holandeses que naufragaran en 1635. Visitou a península de Corea, indo despois a Oku-Yeso (illas de Sakhaline).

Os habitantes de Hokkaido ensináronlle un mapa, pero non foi capaz de atopar o estreito e puxo rumbo ao norte cara á península de Kamchatka, á que chegou en setembro de 1787. Recibiu instrucións de París por medio de Barthélemy de Lesseps, vicecónsul de Francia en Kronstadt e tío do construtor do Canle de Suez, para facer un informe sobre a colonización de Australia.

Detívose logo en Samoa. inmediatamente antes da súa partida, os Samoanos atacaron aos seus homes e deron morte a doce, entre os que estaba o segundo oficial da expedición, Fleuriot de Langle, comandante de l'Astrolabe. Navegou a continuación cara á baía Botanique en Sydney, onde chegou o 26 de xaneiro de 1788, no mesmo momento no que o capitán Arthur Phillip transfería a colonia en Port Jackson. Os británicos recibírono cortesmente, pero non puideron proporcionarlle alimento, xa que non dispuñan de recursos.

Entregou os seus diarios e as súas cartas para que se enviasen a Europa, e conseguiu madeira e auga fresca. Partiu cara a Nova Caledonia, Santa Cruz, as illas Salomón, as Luisiadas e as costas do oeste e do sur de Australia. Non se lle volveu a ver, nin a el nin a ningún dos seus homes.

 
Monumento a La Pérouse en Vanikoro

Procura dos restos da expedición editar

En maio de 2005 identificáronse oficialmente os restos que se atoparan preto de Vanikoro (illas Salomón) en 1827 primeiro, e logo en 1964, como os de La Boussole e l'Astrolabe. Un sextante que se atopou nun dos restos levaba a inscrición "Mercier" nunha placa latón; o inventario de La Boussole indicaba a presenza dun sextante, que proporcionara a Academia Real de Mariña e que fora fabricado por "sieur Mercier". Ademais, descubríronse restos de campamentos na illa, e a tradición oral autóctona parece conservar a noción dun naufraxio contemporáneo ao de La Pérouse.

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar