Jean-André Peyssonnel

médico e naturalista francés

Jean-André Peyssonnel, nado o 19 de xuño de 1694 en Marsella, e finado o 24 de decembro de 1759 en Saint-Bertrand, na illa de Grande-Terre, Guadalupe, foi un médico e naturalista francés.

Infotaula de personaJean-André Peyssonnel

Jean-André Peyssonnel,
gravado de Étienne Fessard
Biografía
Nacemento19 de xuño de 1694
Marsella
Morte24 de decembro de 1759
Saint-Bertrand, illa de Grande-Terre, Guadalupe
Datos persoais
País de nacionalidadefrancesa
Formación profesionalDoutor en Medicina
EducaciónUniversidade de Aix-en-Provence
(hoxe Universidade de Aix-Marsella)
Actividade
Ocupaciónmédico, naturalista
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiCharles Peyssonnel
IrmánsCharles de Peyssonnel (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Membro da Academia de Marsella
Membro da Royal Society de Londres

Traxectoria editar

Seu ppi, Charles Peyssonnel, né en 1640, foi un médico de gran sona que faleceu aos 80 anos durante a gran peste de Marsella de 1720, vítima da súa atención aos enfermos do Hôtel-Dieu.

Jena-André efectou os seus estudos secundarios no Collège des Oratoriens de Marsella, prestando grande atención á historia da ciencia, e despois na Universidade de Aix-en-Provence, onde obtivo o ser grao de doutor en Medicina en 1718. Antes de comezar a súa carreira de naturalista, traballou como médico, e a súa su dedicación aos enfermos durante a epidemia de peste de Marsella de 1720 foi recompensada polo rei cunha pensión anual. A proximidade do mar e a súa curiosidade científica, empuxárono paulatinamente cara á investigación sobre os "produtos mariño", como os corais, as esponxas e as algas.

O conde Luigi Ferdinando Marsigli, fundador do Instituto de Boloña, iniciouno na historia natural. Peyssonnel emprendeu varias viaxes polas costas mediterráneas para estudar a natureza do coral. A Academia de Ciencias de París nomeouno correspondete en 1723 de Étienne-François Geoffroy e, a partir de 1731, de Antoine de Jussieu.

En 1724 traladouse a norte de África. Escribiu un libro de memorias, Voyage dans les Regions de Tunis et d'Alger.[1] De volta a Marsella, participou na fundación da Academia de Marsella, en 1726.

En 1727 foi nomeado médico real en Guadalupe, e partiu cara a ese destino, onde realizou unha metódica investigación do arquipélago, en particular da Soufrière, un volcán actvo, da que enviou o 1 de xullo de 1733 á Academia de Marsella unha notábel descrición. En Guadalupe continuou as súas investigación sobre os corais. En 1750 demostrou por primeira vez que os corais non eran vexetais nin minerais, senón que pertencían ao reino animal.[2] Peyssonnel enviou os seus achados á Academia de Ciencias de París onde, ao principio, burláronse del e, despois, ignorárono.[3] Así mesmo, enviou un traballo sobre isto á Royal Society de Londres. Este traballo aparecu só como unha análise nas Transaccións filosóficas da Royal Society. Pero o 7 de maio de 1752, William Watson presentou á Sociedade un resumo desta obra, destacando a alta calidade do trabajo de Peyssonnel.[4][5] Isto foi quizais o que o impulsou a exiliarse en Inglaterra, porque que en Francia dicían que estaba equivocado. Só lle deron a razón cando o suízo Abraham Trembley descubriu as hidras de auga doce.

A súa morte, o 24 de decembro de 1759, permaneceu descoñecida para os membros da Acadamia de Marsella durante moito tempo. Non se lle rendeu homenaxe até 1778 polo señor Collé no seu discurso de recepción; confirmou o descubrimento mediante análises químicos, e protestou enrxicamente contra un artigo de Michel Adanson que apareceu nun suplemento de L'Encyclopédie.

Pola súa parte, René-Antoine Ferchault de Réaumur, que ao principio dubidou deste descubrimento, certamente que ninguén o proclamou posteriormente con máis nobreza.[6]

Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon, no artigo VII da súa Historiae natural indica que «Peyssonnel foi o ptiemiro en observar e recoñocer que os corais eran orixinados por animais».

Algunhas obras editar

  • La Contagion de la peste et les moyens de s'en préserver, Marsella, 1722.
  • Voyage dans les régences de Tunis et d'Alger, París, 1838.
  • Obra manuscrita, Traité du corail. 1733.
  • Obra manuscrita, Observation faite sur la montagne dite la Soufrière, dans l'île de la Guadeloupe 1732.

Honores editar

Notas editar

  1. Consultábel en Gallica.
  2. Arthur Mangin (1864): Les mystères de l'océan, p. 231, consultábel en Gallica.
  3. Carmen Martínez (21 de febreiro de 2020): Coral rojo: piedra, planta o animal Madrid: Museo Nacional de Ciencias Naturales. (en castelán). Consultada o 25 de agosto de 2020.
  4. Jean-André Peyssonnel, en Encyclopedia.com (en inglés). Consultada o 25 de agosto de 2020.
  5. Philosophical Transactions of the Royal Society de 1753.
  6. René-Antoine Ferchault de Réaumur, Mémoire pour servir à l'histoire des insectes, tome VI, p. LXXXIV
  7. Guide des algues des mers d'Europe. Delachaux et Niestlé, Paris, 1992, ISBN 978-2-6030-0848-5, p. 130.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Louis Toussaint Dassy (1877): L'Académie de Marseille.
  • Adrien Blés (1989): Dictionnaire historique des rues de Marseille, Marsella: Jeanne Laffitte.
  • Arthur Mangin (1864): Les mystères de l'océan. Ler en liña en Gallica.