Jaycee Carroll
Jaycee Don Carroll, nado en Laramie, Wyoming, o 16 de abril de 1983, é un xogador de baloncesto estadounidense, que ocupa a posición de escolta. Dende o ano 2011 xoga no Real Madrid da Liga ACB.
Real Madrid – No. 20 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 16 de abril de 1983 (41 anos) Laramie, Wyoming |
Nacionalidade | Estados Unidos / Acerbaixán |
Altura | 1,88 m (6 ft 2 in) |
Peso oficial | 84 kg (185 lb) |
Posición | Escolta |
Liga | ACB |
Información da carreira | |
Universidade | Utah State (2004–2008) |
Carreira | dende 2008 |
Historial de equipos | |
Teramo Basket (2008–2009) |
Traxectoria editar
Despois de xogar na Universidade Estatal de Utah, non foi elixido no draft da NBA, de xeito que viaxou a Europa e asinou un contrato co Teramo Basket italiano, equipo no que botou un ano. Ó ano seguinte asinou co CB Gran Canaria da liga ACB. Durante os dous anos que defendeu as cores do equipo canario, foi o máximo anotador da liga, polo cal foi incluído no quinteto ideal da ACB en 2011, na posición de escolta.
No verán dese mesmo ano asinou un novo contrato co Real Madrid, o seu actual equipo.