Javier Waterproof

músico galego

Javier Pérez Gómara, nado en Santander no 1995, coñecido polo seu nome artístico Javier Waterproof é un músico e produtor musical galego que reside en Barcelona.

Infotaula de personaJavier Waterproof
Biografía
NacementoSantander, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , produtor musical , técnico de son Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2019 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoIndie Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega, lingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Twitter: JavWaterproof Instagram: javierwaterproof Youtube: UCk05R3ieT6yQo6UOqRnRsOQ Bandcamp: javierwaterproofSouncloud: javierwaterproof Spotify: 4q6mVz1jrXEG7W7zxUa46b iTunes: 1503007123 Deezer: 88483692 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Aínda que naceu en Santander pasou a súa vida en Pontevedra. Durante o instituto formou parte do grupo Aerials[1] (guitarra) cos que entrou en contacto co Local de Música de Pontevedra. Formouse como técnico de son na Coruña e marchou a continuar a súa formación en Barcelona.[2]

Presentou na XIX edición do Festival de Cans[3] "The scarf she wore in red"[4] como canción da curtametraxe "A moza da bufanda vermella contra a xente de dentes brancos" do coruñés Martín Caínzos. No 2022 presentou o sinxelo "Orfeo y Eurídice"[2] e en 2023 "Otra ronda", inspirado no filme Druk do director danés Thomas Vinterberg, cun videoclip gravado nos cines Dúplex de Ferrol.[5]

Obra editar

Filmografía editar

  • Falso directo 2020[6][7]
  • A quinta de Basilio 2022[8]
  • A moza da bufanda vermella contra a xente de dentes brancos 2022

Discografía editar

  • Las puertas de Orán 2020
  • Académicamente previsto 2020
  • Ideas mágicas 2020
  • Perdón por divertirme 2020
  • The scarf she wore in red 2021
  • Orfeo y Eurídice 2022
  • Otra ronda 2023

Notas editar