Javier Posse

sindicalista galego

Javier Posse Varela, nado en Malpica de Bergantiños en 1898, foi un anarquista galego.

Infotaula de personaJavier Posse
Biografía
Nacemento1898 Editar o valor em Wikidata (125/126 anos)
Malpica de Bergantiños, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Aínda moi novo emigrou ao Uruguai co seu pai. Mozo de café en Montevideo, uniuse ao anarquismo en 1921, foi representante da Sociedad de Resistencia de Mozos y Anexos afiliada ao Consejo Regional da Federación Obrera Regional Uruguaya (FORU), onde foi nomeado secretario. Expulsado do Uruguai, instalouse na Coruña en 1933 e integrouse no Sindicato de Camareros Terrestres da CNT. En 1935 era secretario do sindicato e foi membro do Comité Regional de Galicia e do Comité Regional ProPresos.[1] Impartiu unha conferencias no centro Resplandor en el Abismo co título "Las juventudes ventudes y el momento actual".[2] A finais de 1935 participou en numerosos mitins en Galicia con Federica Montseny, Claro José Sendón e Jaime Baella Pérez. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, torturado e condenado a un ano de prisión. A principios da década dos corenta traballou como viaxante de comercio e participou na CNT clandestina. Foi membro do segundo comité da CNT formado na Coruña e de 1945 a 1947 foi o enlace entre a Confederación Rexional Galaica e o Comité Nacional de Madrid. Arrestado en marzo de 1947, foi xulgado en consello de guerra en Vigo o 1 de xuño de 1948. Foi condenado a 15 anos de prisión e internado na Colonia Penitenciaria Militarizada de Dos Hermanas en Sevilla. Saíu en liberdade provisional en agosto de 1950.[3]

Vida persoal editar

Casou con Carmen Calvo.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 23-4-1935, p. 8.
  2. La Voz de Galicia, 24-5-1935, p. 5.
  3. BOE, 25-11-1950, p. 5474.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar