Javier Caínzos Vázquez

político galego

Javier Francisco Caínzos Vázquez, nado en 1969,[1] é un político galego do PPdeG.

Infotaula de personaJavier Caínzos Vázquez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1969 Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
Alcalde de Curtis
2001 –
← Antonio Fraga Sánchez Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Curtis Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Funcionario. Foi elixido presidente Novas Xeracións de Curtis en 1991. Nas eleccións municipais de 1995 foi elixido concelleiro pola Plataforma Popular de Curtis (a pesar de mante-la militancia popular), que integraba os veciños curtenses que estiveran loitando pola segregación da localidade de Curtis nos 80 e 90 en torno ás candidaturas de Manuel Ángel Terrón Caínzos. Tralas eleccións, Caínzos formou parte do goberno de coalición entre PP e PPC, encabezado polo popular teixeirán Luís Novo Vázquez. Tras diversas acusacións de irregularidades ao alcalde, rompeuse o pacto de goberno en xuño de 1997. En marzo de 1999 foi suspendido da militancia popular, xunto con outro concelleiro da Plataforma, polas súas críticas ao alcalde popular.

Encabezou a candidatura da PPC nas municipais de 1999 e gañou as eleccións. Alcanzou un acordo de goberno co líder do PSdeG, Antonio Fraga Sánchez, polo cal o socialista ostentaría a alcaldía ata a primeira metade do mandato, e logo Caínzos o resto da lexislatura. O acordo non estivo exento de polémica, sobre todo nos socialistas, dado que a maior parte dos integrantes da candidatura eran de Teixeiro e moitos veciños non viron ben o acordo, de feito a número 2 socialista renunciou a formar parte do goberno. En xullo de 2001 asumiu a alcaldía. Nas municipais de 2003 integrouse, xunto cos membros da PPC, no PPdeG como cabeza de lista e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. O socialista Fraga Sánchez integrouse como número 2 da candidatura popular e foi elixido primeiro tenente de alcalde. Volveu ser reelixido alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta, manténdose ata a actualidade.[2]

Segundo os medios de comunicación e notas informativas, este alcalde foi un dos culpables do fraude de Novacaixagalicia e ten pendente unha causa aberta por un delito de prevaricación pola concesión do Centro Etnográfico de Teixeiro, que custou preto de 120.000 euros.[3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar