Javier Alonso Salgueiro

sindicalista e político galego

Javier Alonso Salgueiro, nado en Chaín (Gondomar) o 20 de agosto de 1951 e finado en Vigo o 4 de outubro de 1989[1], foi un sindicalista e político galego.

Infotaula de personaJavier Alonso Salgueiro
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1951 Editar o valor em Wikidata
Chaín, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de outubro de 1989 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteAccidente laboral Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Entrou de aprendiz en Hijos de J. Barreras en 1968. Ingresou no PCE. Participou nas folgas de 1971. Foi condenado polo Tribunal de Orde Pública en 1972 por propaganda ilegal e manifestación non pacifica. Fixo o servizo militar en San Fernando e Ferrol. En 1973 foi trasladado á Prisión de Pontevedra como preso político. En xuño de 1976 foi readmitido en Barreras. Nese ano foi nomeado secretario do PCG de Val Miñor. Formou parte da Plataforma Veciñal Independente e foi elixido concelleiro de Gondomar nas primeiras eleccións democráticas. Morreu nun accidente laboral en 1989.[2]

Recoñecementos editar

O Concello de Gondomar nomeouno Fillo predilecto o 1 de xullo de 1993[1].

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Barrera, Feliciano, ed. (novembro de 2004). Hijos Predilectos y Adoptivos de Galicia (en castelán). Santiago de Compostela: Editorial Compostela: El Correo Gallego / O Correo Galego. p. 184. ISBN 84-8064-137-1. 
  2. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 5-10-1989, p. 72.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Javier Alonso Salgueiro. O mozo da bandeira. Instituto de Estudos Miñoranos. 2014. ISBN 978-84-6171-794-1.