Javi Montero

futbolista español

Francisco Javier Montero Rubio, coñecido como Javi Montero, nado en Sevilla o 14 de xaneiro de 1999, é un futbolista español que xoga como defensa no Arouca, da Primeira Liga de Portugal, cedido polo Beşiktaş turco.

Montero
Información persoal
Nome Francisco Javier Montero Rubio
Nacemento 14 de xaneiro de 1999
Lugar de nacemento Sevilla
Altura 1,80 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Arouca
Número 4
Carreira xuvenil
Nervión
2014–2018 Atlético de Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2018–2019 Atlético de Madrid B 19 (0)
2018–2021 Atlético de Madrid 9 (0)
2019–2020 Deportivo da Coruña 30 (0)
2020–2021 Beşiktaş 13 (0)
2021– Beşiktaş 20 (1)
2023 Hamburger 5 (0)
2023– Arouca 17 (1)
Selección nacional
2019 España sub-21 1 (0)
Na rede
UEFA: 250087521 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 14 de febreiro de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Atlético de Madrid editar

Nacido en Sevilla, comezou a xogar ao fútbol na AD Nervión, ingresando aos 15 anos na canteira do Atlético de Madrid.[1] En 2018, rematada a súa etapa xuvenil, foi subido ao filial e foi convocado para realizar a pretempada co primeiro equipo ás ordes de Diego Simeone, xogando con lentes de protección debido a unha lesión ocular sufrida en 2017.[2]

O 23 de setembro de 2018 debutou co Atlético de Madrid B na Segunda División B, nunha vitoria por 4-2 ante o Navalcarnero.[3] Un mes e unha semana despois, o 30 de outubro, debutou co primeiro equipo, disputando os 90 minutos da derrota por 1-0 contra o Sant Andreu nos oitavos de final da Copa do Rei.[4]

Unha semana despois debutou tamén na Liga de Campións, na vitoria por 2-0 contra o Borussia Dortmund no Estadio Metropolitano, substituíndo no descanso ao lesionado José Giménez.[5] E catro días despois realizou a súa estrea na Primeira División, xogando como titula nunha vitoria por 3-2 contra o Athletic de Bilbao.[6] Completou a tempada cun total de 33 partidos, 19 deles co filial e 14 co primeiro equipo.

Cesión ao Deportivo editar

O 2 de setembro de 2019, o Atlético renovou o seu contrato ata 2024, sendo inmediatamente cedido ao Deportivo da Coruña, da Segunda División.[7][8] Foi titular na maioría de partidos do equipo galego, pero o club completou unha nefasta tempada, descendendo á Segunda División B por segunda vez na súa historia.[9] Montero contribuíu con 31 partidos, 30 deles como titular.[10]

Beşiktaş editar

Para a tempada 2020/21 foi cedido ao Beşiktaş da Süper Lig turca.[11] Na súa primeira tempada en Turquía, conquistou tanto a liga como a Copa de Turquía e no verán firmou un contrato permanente co club.[12][13] Xogou de xeito habitual durante a tempada 2021/22, pero a súa participación caeu drasticamente na 2022/23, e trala chegada de Şenol Güneş ao banco, o xogador saíu cedido en xaneiro de 2023 ao Hamburger SV da 2. Bundesliga.[14]

Cesións a Hamburger e Arouca editar

Tampouco contou con oportunidades no equipo dirixido por Tim Walter, co que xogou só cinco partidos. En agosto de 2023 saíu cedido de novo, desta vez ao Arouca, da Primeira Liga portuguesa, onde coincidiu cos tamén españois Jason Remeseiro, Cristo, Rafa Mujica, Puche e Oriol Busquets.[15]

Selección española editar

Foi internacional coa selección española sub-21 nunha ocasión, o 10 de outubro de 2019, disputando 17 minutos nun amigable contra Alemaña en Córdoba.[16]

Notas editar

  1. "Montero: Unas gafas que esconden al futuro central del Atlético". Marca (en castelán). 27 de xullo de 2018. Consultado o 14 de febreiro de 2024. 
  2. "Montero, central con gafas que convence". Sport (en castelán). 27 de xullo de 2018. Consultado o 14 de febreiro de 2024. 
  3. "El Atlético B remonta en Navalcarnero para lograr su primer triunfo". Mundo Deportivo (en castelán). 23 de setembro de 2018. Consultado o 14 de febreiro de 2024. 
  4. Cazón, Patricia (31 de outubro de 2018). "Primero Gelson, luego el susto". As (en castelán). Consultado o 14 de febreiro de 2024. 
  5. Pérez, Gorka (7 de novembro de 2018). "El Atlético le devuelve el golpe al Borussia Dortmund". El País (en castelán). Consultado o 14 de febreiro de 2024. 
  6. "3-2. Godín y el gol del cojo remontan al Athletic". La Vanguardia (en castelán). 10 de novembro de 2018. Consultado o 14 de febreiro de 2024. 
  7. "Montero amplía su contrato hasta 2024" (en castelán). 2 de setembro de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2024. 
  8. "Acuerdo con el Deportivo de La Coruña para la cesión de Montero" (en castelán). 2 de setembro de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2024. 
  9. Piñeiro, Sergio (19 de xaneiro de 2023). "El exdeportivista Montero llega cedido al Hamburgo SV alemán" (en castelán). Consultado o 14 de febreiro de 2024. 
  10. "Montero, cerca de irse al fútbol turco". Mundo Deportivo (en castelán). 28 de agosto de 2020. Consultado o 14 de febreiro de 2024. 
  11. "Francisco Montero, Beşiktaş’ta" (en turco). Consultado o 14 de febreiro de 2024. 
  12. "Francisco Montero İstanbul'da" (en turco). 31 de agosto de 2021. Consultado o 14 de febreiro de 2024. 
  13. "Montero se marcha a Turquía para jugar cedido en el Besiktas" (en castelán). 29 de agosto de 2020. Consultado o 14 de febreiro de 2024. 
  14. "Auf Leihbasis: Francisco Montero wechselt zum HSV" (en alemán). 15 de xaneiro de 2023. Consultado o 14 de febreiro de 2024. 
  15. "Javi Montero se marcha al Arouca portugués". Marca (en portugués). 30 de agosto de 2023. Consultado o 14 de febreiro de 2024. 
  16. Gómez, Javier (11 de outubro de 2019). "España empata ante Alemania (1-1) en El Arcángel y mantiene su idilio de invicta en Córdoba" (en castelán). Consultado o 14 de febreiro de 2024.