Jaume Pérez Montaner

profesor español

Jaume Pérez Montaner, nado en L'Alfàs del Pi en 1938, é un escritor valenciano en lingua catalá.[1]

Infotaula de personaJaume Pérez Montaner

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1938 Editar o valor em Wikidata (85/86 anos)
L'Alfàs del Pi, España Editar o valor em Wikidata
President of Associació d'Escriptors en Llengua Catalana (en) Traducir
1999 – 2007
← Antònia VicensGuillem-Jordi Graells (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Valencia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncatedrático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Valencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeIsabel Robles Gómez
Premios

Dialnet: 1411790

Traxectoria editar

Estudou en Alcoi, nestes anos coñeceu a Joan Fuster, o que o marcou fondamente e o achegou ao coñecemento da literatura en lingua catalá. Fixo filosofía e letras na Universidade de Valencia e polas súas actividades antifranquistas estivo preso durante quince meses. Dende 1967 e durante anos viviu nos Estados Unidos exercendo como profesor en varias universidades. Profesor de literatura catalá na Universidade de Valencia. Dende 1999 até 2007 presidiu a Associació d'Escriptors en Llengua Catalana.[2]

Adveniment de l'odi, o seu primeiro poemario, que publicou en 1976, aínda que está escrito entre 1973 e 1975, ten como tema central a saudade pola terra e a esperanza de volver a ela. Entre os seus outros poemarios destacan Museu de cendres (1980), L'heura del desig (1985), Fronteres (1994), L'oblit (1996). Tamén é autor de diversos ensaios de crítica literaria.

Notas editar

  1. Reseña de Jaume Pérez Montaner Arquivado 23 de decembro de 2004 en Wayback Machine. en www.escriptors.cat (en catalán)
  2. Jaume Pérez i Montaner Arquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine. en www.enciclopedia.cat (en catalán)