Jasper Johns

artista estadounidense

Jasper Johns, nado en Augusta, Xeorxia o 15 de maio de 1930 é un pintor, escultor e artista gráfico estadounidense que integrou á súa expresión pictórica unha serie de elementos da Arte Pop.

Jasper Johns
Nacemento19 de maio de 1930 e 15 de maio de 1930
Lugar de nacementoAugusta
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Carolina do Sur e Sumter High School
Ocupaciónpintor, escultor, diseñador de vestuario, deseñador, fotógrafo, artista gráfico, gravador e ilustrador
Coñecido porTarget with Four Faces, Three Flags e Map
PremiosPraemium Imperiale, National Medal of Arts, Medalla Presidencial da Liberdade e Fellow of the American Academy of Arts and Sciences
Na rede
http://www.jasperjohns.com/
IMDB: nm0424326 Allmovie: p288183 IBDB: 502373
Musicbrainz: 27a4defd-1da7-4837-b91c-6b5c6a5885fd Discogs: 806666 WikiTree: Johns-7 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Vida editar

Creceu en Allendale, Carolina do Sur. Estudou na universidade de Carolina do Sur entre 1947 e 1948, para despois trasladarse á Parsons The New School for Design de Nova York en 1949. Alí coñeceu a Robert Rauschenberg, Merce Cunningham e John Cage, cos que comezou a desenvolver a súa obra. Entre 1952 e 1953 estivo destinado en Sendai, Xapón, durante a guerra de Corea.

Obra editar

En 1951 comezou a pintar obras que se centraban en temas como bandeiras estadounidenses, números e letras do alfabeto escolar. Pintaba con obxectividade e precisión, aplicando grosas capas de pintura de modo que o propio cadro convertése nun obxecto e non só na reprodución de obxectos reconocíbeis. Esta idea de arte-como obxecto se converteu nunha poderosa influencia, bastante forte, na escultura e a pintura posteriores. Nalgúns cadros Johns engadía obxectos reais sobre o lenzo, como regras compases, entre outros. A principios de 1978 volveu abrir unha senda ao expor na cidade de Nova York un ciclo de catro obras tituladas As estacións. Considérase que estas pinturas, de 1,9 metros por 1,27 metros, foron especialmente significativas para a historia da arte estadounidense.