Jason Maxiell

baloncestista estadounidense

Jason Dior Maxiell, nado o 18 de febreiro de 1983 en Chicago, Illinois, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Jason Maxiell
Posición Ala-pivote / Pivote
Información persoal
Nacemento 18 de febreiro de 1983 (41 anos)
Chicago, Illinois
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 118 kg (260 lb)
Información da carreira
Instituto Newman Smith (Carrollton, Texas)
Universidade Cincinnati (2001–2005)
NBA Draft 2005 / Rolda: 1 / Elección: 26
Por Detroit Pistons
Carreira 2005–2017
Historial de equipos
Detroit Pistons (2005–2013)
Orlando Magic (2013–2014)
Charlotte Hornets (2014–2015)
Tianjin Ronggang (2015–2016)
Acıbadem Üniversitesi (2016–2017)

Traxectoria profesional editar

Maxiell foi seleccionado na 26ª posición do Draft da NBA de 2005 polos Detroit Pistons. O 5 de xullo de 2005, asinou o seu contrato de rookie cos Pistons. O 31 de outubro de 2008, ampliou o seu contrato cos Pistons por catro anos máis.[1] O 29 de xuño de 2012, Maxiell exerceu a opción do xogador no seu contrato para continuar en Detroit a tempada 2012-13.[2]

O 18 de xullo de 2013, Maxiell asinou un contrato de dous anos cos Orlando Magic.[3] O 4 de xullo de 2014, foi cortado polos Magic.[4]

O 28 de setembro de 2014, Maxiell asinou cos Charlotte Hornets.[5]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar