Jared Sullinger

baloncestista estadounidense

Jared Sullinger, nado o 4 de marzo de 1992 en Columbus, Ohio, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Shenzhen Leopards da Chinese Basketball Association (CBA).

Jared Sullinger
Shenzhen Leopards – No. 0
Posición Ala-pivote / Pivote
Liga CBA
Información persoal
Nacemento 4 de marzo de 1992 (32 anos)
Columbus, Ohio
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 120 kg (265 lb)
Información da carreira
Instituto Northland High School
Universidade Ohio State (2010–2012)
NBA Draft 2012 / Rolda: 1 / Elección: 21
Por Boston Celtics
Carreira dende 2012
Historial de equipos
Boston Celtics (2012–2016)
Toronto Raptors (2016–2017)
Raptors 905 (2017)
Shenzhen Leopards (2017–presente)

Instituto editar

No seu derradeiro ano de instituto, Sullinger liderou ó Northland High School a unha marca de 21-0 e ó número 1 do ránking nacional. Acadou 24.5 puntos e 11.7 rebotes nesa tempada.[1] Foi seleccionado ademais para xogar o All-American Game de 2010 en Columbus, Ohio,[2] onde foi elixido co-MVP xunto a Harrison Barnes.[3] Foi tamén seleccionado para xogar o Nike Hoop Submit no Rose Garden en Portland, Oregón,[4] e o Jordan Brand Classic no Madison Square Garden en Nova York.[5]

O 10 de marzo de 2010, Sullinger gañou o premio James A. Naismith, que se entrega ó mellor xogador de baloncesto do ano no instituto.[1]

Traxectoria universitaria editar

Freshman editar

Sullinger conseguiu 19 puntos e 14 rebotes no seu debut con Ohio State.[6] Na tempada 2010-11, Sullinger acadou 17.2 puntos, 10.2 rebotes e 1.2 asistencias en 31.7 minutos de xogo para os Buckeyes. Ohio State rematou a tempada cun 32-2, conseguiron a primeira praza para o torneo de 2011 da NCAA. Os Buckeyes conseguiron chegar ó 'Sweet Sixteen', onde perderon contra os Kentucky Wildcats por 62-60. Sullinger foi elixido no primeiro equipo All-America por Fox Sports.[7]

Sophomore editar

No que sería o seu derradeiro ano en Ohio State, Sullinger liderou ós Buckeyes a unha marca de 31-8, con 17.5 puntos e 9.3 rebotes por partido na 2011-12. Os Buckeyes chegaron á 'Final Four' do Torneo da NCAA de 2012, onde perderon contra os Kansas Jayhawks. Nese partido, Sullinger anotou 13 puntos e capturou 11 rebotes, con 5 tiros anotados de 19 intentos. Cinco días despois da derrota, o ala-pivote declarouse elixible para o Draft da NBA de 2012.[8]

Traxectoria profesional editar

O 28 de xuño de 2012, Sullinger foi elixido na 21ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Boston Celtics. O 3 de xullo, asinou o seu contrato cos Celtics.[9] O 9 de xullo de 2012, fixo o seu debut cos Celtics na Summer League de Orlando, onde anotou 20 puntos, con 6 de 12 tiros anotados e 7 de 7 tiros libres, e capturou 6 rebotes en 24 minutos de xogo.

O 14 de xullo de 2016, Sullinger asinou cos Toronto Raptors.[10]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Northland High School basketball player, father win national Naismith awards". The Columbus Dispatch. 2010-03-10. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2010. Consultado o 2010-08-26. 
  2. "McDonald’s All-American Game Team Announced". Slam Online. 2010-02-11. Consultado o 2010-08-26. 
  3. "McDonald's All-American night: Knight's 3-pointer wins it for the West - MaxPreps News". Maxpreps.com. 2010-03-31. Consultado o 2010-08-26. 
  4. "It’s the USA Against Everyone Else". Slam Online. 2010-01-20. Consultado o 2010-08-26. 
  5. "Jordan Brand All-American Game Team Announced". Slam Online. 2010-02-18. Consultado o 2010-08-26. 
  6. Ohio State routs North Carolina A&T in season opener
  7. Goodman, Jeff (7 de marzo de 2011). "Goodman's 2010-11 All-America teams". Fox Sports (Fox Sports Interactive Media). Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 21 de xuño de 2011. 
  8. http://espn.go.com/nba/draft2012/story/_/id/8069495/2012-nba-draft-docs-medically-red-flag-jared-sullinger-sources-say
  9. Forsberg, Chris (3 de xullo de 2012). "C's sign Sullinger, Melo, Joseph". ESPN.com. 
  10. "Raptors Sign Jared Sullinger". NBA.com. 14 de xullo de 2016. Consultado o 14 de xullo de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar