Japanese Breakfast

Japanese Breakfast é un proxecto musical en solitario da músico estadounidense-coreana Michelle Zauner. Baixo este alias Zauner leva publicados dous álbums de estudio, Psychopomp (2016) e Soft Sounds from Another Planet (2017).

Japanese Breakfast
OrixeEugene, Oregón,
Período2013-presente
Xénero(s)indie rock, indie pop, pop experimental, lo-fi
Selo(s) discográfico(s)Yellow K, Dead Oceans
Na rede
http://japanesebreakfast.rocks
IMDB: nm12733338 Twitter: Jbrekkie Spotify: 7MoIc5s9KXolCBH1fy9kkw Musicbrainz: 8c529495-91f5-4e2f-b71b-adcb66878d04 Songkick: 8413103 Editar o valor em Wikidata

O nome da banda, segundo Zauner, é unha xustaposición do exotismo asiático e da cultura estadounidense. Zauner elixiu o nome porque "medrou relacionándose bastante coa cultura xaponesa debido a que a sentía como o máis próximo que tiña" á cultura coreana nos Estados Unidos.[1]

En 2014 regresou á súa cidade natal de Eugene, Oregón, para coidar da súa nai enferma. Continuou gravando cancións, primeiro para afrontar o estrés e despois, tras a morte da nai, para afrontar a dor. Esas cancións acabarían converténdose no álbum de estrea de Japanese Breakfast, Psychopomp, editado en 2016 polo selo Yellow K Records.

Discografía editar

Álbum Ano Selo
Psychopomp 2016 Yellow K, Dead Oceans
Soft Sounds from Another Planet 2017 Dead Oceans
Jubilee 2021 Dead Oceans

Notas editar

  1. Song, Sandra. "Japanese Breakfast on Grief, Imposter Syndrome, and Korean Representation". Teen Vogue (en inglés). Consultado o 2020-01-08. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar