Janina Hosiasson-Lindenbaum

filósofa polaca

Janina Hosiasson-Lindenbaum, nada en Varsovia o 5 de decembro do 1899 e finada en Vilnius en abril do 1942, foi unha filósofa e lóxica polaca. Publicou cerca de vinte artigos de investigación, ademais de traducir tres libros de Bertrand Russell ao polaco.[1] O seu traballo centrouse principalmente en problemas fundamentais da probabilidade, a indución e a confirmación.[2] Foi a primeira autora en publicar un traballo sobre o paradoxo dos corvos, que ela atribuíu a Carl Hempel.[3][4][5] Hosiasson-Lindenbaum foi asasinada pola Gestapo no 1942, do mesmo xeito que moitos outros lóxicos da escola polaca, incluído o seu esposo, Adolf Lindenbaum.[1][6]

Infotaula de personaJanina Hosiasson-Lindenbaum
Biografía
Nacemento(pl) Janina Hosiassonówna Editar o valor em Wikidata
6 de decembro do 1899
Varsovia, Polonia Editar o valor em Wikidata
Morte1942
Vilnius, Lituania
Datos persoais
País de nacionalidadePolaca
Grupo étnicoXudía
EducaciónUniversidade de Varsovia
Actividade
Campo de traballoLóxica
Ocupaciónfilósofa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua polaca Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAdolf Lindenbaum

Traxectoria editar

Janina Hosiasson naceu o 6 de decembro do 1899 en Varsovia, filla do comerciante Josef Hosiasson e a súa muller, Sophia Feigenblat.[1] Estudou na Universidade de Varsovia, onde tivo como profesores a Tadeusz Kotarbinski e Jan Łukasiewicz.[1] Doutorouse no 1926 cunha tese sobre a xustificación do razoamento indutivo.[7] Posteriormente, traballou como profesora de filosofía na educación secundaria, ao tempo que continuaba as súas investigacións.[8] Cara finais da década dos vinte, era xa unha respectada filósofa da lóxica da escola de Lwów-Varsovia. Hosiasson participou no Segundo Congreso de Filosofía de Polonia en setembro do 1927, así coma no Primeiro Congreso de Matemáticos Eslavos en setembro do 1929.[1] No curso académico de 1929/1930, estudou filosofía na Universidade de Cambridge, grazas a unha bolsa do goberno polaco. Hosiasson interveu no primeiro Congreso pola Unidade da Ciencia, celebrado en París no 1935, e asistiu tamén ao segundo (Copenhague, 1936).[9]

A finais do 1935, Hosiasson casou co matemático e lóxico Adolf Lindenbaum, cambiando o seu apelido por Hosiasson-Lindenbaum.[10] O matrimonio trasladouse ao distrito de Zoliborz, en Varsovia.[1] No 1939, Hosiasson tiña previsto asistir ao quinto Congreso pola Unidade da Ciencia, organizado en Harvard.[11] Porén, o seu visado foi denegado e non puido coller o barco cara América.[11] O 1 de setembro dese mesmo ano, Alemaña invadiu Polonia. O 6 de setembro, con Varsovia asediada polas tropas inimigas, foxe da cidade co seu marido.[10] Hosiasson escribe cartas a Otto Neurath e G.E. Moore, nas que expresa a dificultade de escapar cara ao leste polos bombardeos da Luftwaffe.[10] A parella separouse cando Hosiasson aceptou viaxar até Rivne, en Ucraína.[10] Dende alí, desprazouse a Vilnius, onde descubriu que o seu esposo estaba refuxiado en Białystok.[10] As forzas soviéticas entraron en Polonia o 17 de setembro, polo que ambas cidades caeron baixo dominio ruso.[10] Hosiasson reuniuse co seu esposo en Białystok; porén, decidiu volver soa a Vilnius.[10]

O 22 de xuño do 1941, Alemaña invadiu os territorios polacos anexionados pola Unión Soviética e, aos poucos días, tomaron Białystok e, posteriormente, Vilnius.[1] Lindenbaum trasladouse a Vilnius e, en agosto do 1941, foi detido e fusilado xunto coa súa irmá Stefanja.[10] Hosiasson sería detida pola Gestapo durante sete meses; en abril do 1942, foi fusilada en Paneriai, nas aforas da cidade.[1]

Publicacións editar

  • Why do we prefer probabilities relative to many data? (1931). Mind, 40(157), 23-36.[12]
  • On confirmation (1940). Journal of Symbolic Logic, 5(4), 133-148.[13]
  • Induction et analogie: Comparison de leur fondement (1941). Mind, 50(200), 351-365.[14]
  • Theoretical Aspects of the Advancement of Knowledge (1948/9). Synthese, 7(4/5), 253-261.[15]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Zygmunt, Jan; Purdy, Robert (2014-12-01). "Adolf Lindenbaum: Notes on his Life, with Bibliography and Selected References". Logica Universalis (en inglés) 8 (3): 285–320. ISSN 1661-8300. doi:10.1007/s11787-014-0108-2. 
  2. Galavotti, Maria Carla; Nemeth, Elisabeth; Stadler, Friedrich (2013-08-28). European Philosophy of Science - Philosophy of Science in Europe and the Viennese Heritage (en inglés). Springer Science & Business Media. ISBN 978-3-319-01899-7. 
  3. Beery, Janet L.; Greenwald, Sarah J.; Jensen-Vallin, Jacqueline A.; Mast, Maura B. (2017-12-02). Women in Mathematics: Celebrating the Centennial of the Mathematical Association of America (en inglés). Springer. ISBN 978-3-319-66694-5. 
  4. Vranas, Peter B. M. (2004-09-01). "Hempel's Raven Paradox: A Lacuna in the Standard Bayesian Solution". The British Journal for the Philosophy of Science (en inglés) 55 (3): 545–560. ISSN 0007-0882. doi:10.1093/bjps/55.3.545. 
  5. Hosiasson-Lindenbaum, Janina (1940-12). "On confirmation". The Journal of Symbolic Logic (en inglés) 5 (4): 133–148. ISSN 0022-4812. doi:10.2307/2268173. 
  6. W‴jcicki, Ryszard (1997). Dalla Chiara, Maria Luisa; Doets, Kees; Mundici, Daniele; van Benthem, Johan, eds. The Postwar Panorama of Logic in Poland. Synthese Library (en inglés). Dordrecht: Springer Netherlands. pp. 497–508. ISBN 978-94-017-0487-8. doi:10.1007/978-94-017-0487-8_28. 
  7. Galavotti, Maria Carla; Nemeth, Elisabeth; Stadler, Friedrich (2013-08-28). European Philosophy of Science - Philosophy of Science in Europe and the Viennese Heritage (en inglés). Springer Science & Business Media. ISBN 978-3-319-01899-7. 
  8. Krajewski, Władysław (2001). Polish Philosophers of Science and Nature in the 20th Century (en inglés). Rodopi. ISBN 978-90-420-1497-8. 
  9. Galavotti, Maria Carla (2018-10-25). "The Sessions on Induction and Probability at the 1935 Paris Congress: An overview". Philosophia Scientiæ. Travaux d'histoire et de philosophie des sciences (en inglés) (22-3): 213–232. ISSN 1281-2463. doi:10.4000/philosophiascientiae.1629. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 10,5 10,6 10,7 Purdy, Robert; Zygmunt, Jan (2018). Garrido, Ángel; Wybraniec-Skardowska, Urszula, eds. Adolf Lindenbaum, Metric Spaces and Decompositions. Studies in Universal Logic (en inglés). Cham: Springer International Publishing. pp. 505–550. ISBN 978-3-319-65430-0. doi:10.1007/978-3-319-65430-0_36. 
  11. 11,0 11,1 McFarland, Andrew; McFarland, Joanna; Smith, James T. (2014-08-11). Alfred Tarski: Early Work in Poland—Geometry and Teaching (en inglés). Springer. ISBN 978-1-4939-1474-6. 
  12. Hoslasson, J. (1931). "II.—WHY DO WE PREFER PROBABILITIES RELATIVE TO MANY DATA?". Mind (en inglés) XL (157): 23–36. ISSN 0026-4423. doi:10.1093/mind/XL.157.23. 
  13. Hosiasson-Lindenbaum, Janina (1940). "On Confirmation". The Journal of Symbolic Logic 5 (4): 133–148. ISSN 0022-4812. doi:10.2307/2268173. 
  14. HOSIASSON, JANINA LINDENBAUM (1941). "III.—INDUCTION ET ANALOGIE: COMPARAISON DE LEUR FONDEMENT". Mind L (200): 351–365. ISSN 0026-4423. doi:10.1093/mind/l.200.351. 
  15. Hosiasson-Lindenbaum, Janina (1948). "Theoretical Aspects of the Advancement of Knowledge". Synthese 7 (4/5): 253–261. ISSN 0039-7857. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar