Jan van Eyck

pintor flamenco

Jan van Eyck, nado contra 1385 presumiblemente en Maaseyck e finado en 1441, foi un pintor flamengo.

Infotaula de personaJan van Eyck

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1390 Editar o valor em Wikidata
Bispado de Liège (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor em Wikidata
Morte9 de xullo de 1441 Editar o valor em Wikidata (50/51 anos)
Bruxas (Países Baixos borgoñóns) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de São Donatian (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pintor de cámara
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePaíses Baixos do Sur Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Bruxas
Baiona
Portalegre
Falmouth (pt) Traducir
Plymouth
Sandwich (pt) Traducir
Lisboa
Arraiolos
Lille
Cascais (pt) Traducir
A Haia
Sluis-Aardenburg (en) Traducir
Shoreham (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , debuxante , arquitecto , iluminador , debuxante arquitectónico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorJean III de Bavière (pt) Traducir
Filipe III de Borgoña Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRetrato pictórico, pintura relixiosa, pintura de xénero e retrato Editar o valor em Wikidata
MovementoPintura flamenga primitiva e Renacemento nórdico Editar o valor em Wikidata
ProfesoresRobert Campin Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua neerlandesa Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalHubert van Eyck: brothers van Eyck (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
MecenasFilipe III de Borgoña
Jean III de Bavière (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMargareta van Eyck
IrmánsHubert van Eyck, Lambert van Eyck e Margaretha [Margarete] van Eyck Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 11ec272c-bfe5-4863-be7e-ae97671325ec Discogs: 2155284 Find a Grave: 9529187 Editar o valor em Wikidata

O pintor e biógrafo de artistas florentino Giorgio Vasari, atribuíu a Jan Van Eyck unha das innovacións que máis consecuencias tería na pintura: Na súa edición de "Le Vite" deixou sentenciado que fora a orixe da pintura ao óleo. Vasari conta que Van Eyck descobreu casualmente que os óleos son aptos como aglutinantes. E continúa narrando a través da biografía de Antonello da Messina como esta nova técnica pictórica acabaría sendo coñecida en Italia.

A fortuna de tal aserto foi tal, que ao longo dos séculos tense reproducido como orixinal tal afirmación.

Carel van Mander, na súa obra Schilderboek (1604) cualifica aos irmáns Van Eyck como fundadores da arte holandesa. E narra as probas experimentais cos aceites de liñaza e noces na procura de vernices que sequen o máis axiña posible.

Incluso a Enciclopedia de Diderot e D`Alembert (1751-1780) mantivo a afirmación sobre a orixe da pintura ao óleo.

Traxectoria editar

 
O matrimonio Arnolfini, 1434. O único retrato dobre e de corpo enteiro feito por van Eyck. Na vista ampliada pódese ver no espello o retrato do propio van Eyck

En 1422, Jan van Eyck, converteuse en pintor ao servizo de Xoán de Baviera-Straubing, quen gobernaba desde 1418 os condados de Holanda e Seeland. En colaboración cos seus axudantes, traballa probablemente na decoración da corte da Haia, a denominada corte interior.

En 1425, trala morte de Xoán de Baviera, trasládase a Bruxas. Cunha patente alí expedida é nomeado pintor da corte do duque borgoñón Filipe III, chamado “Filipe o bo” (en francés Philippe le Bon).

En 1428, formado parte dun séquito de alto rango, marcha -pasando por Inglaterra e Galicia -a Portugal, onde se concerta o matrimonio entre Felipe o Bo e a infanta portuguesa Isabel. Entre os diplomáticos borgoñeses atópase Baudouin de Lannoy - a quen retratará cara á 1435.

En Portugal, pinta dous retratos da infanta. E mentres espera resposta, algúns borgoñeses, probablemente tamén Van Eyck realizan unha perigrinaxe a Santiago de Compostela e teñen un encontro con Xoán II de Castela e con Mohammed, rei de Granada. En setembro dese ano parten coa infanta cara aos Países Baixos, arribando a Sluis, en Bruxas. En 1432, é fixado na Sint Janskerk, hoxenedía San Bavón - o Políptico de Gante, coincidindo co establecemento da súa residencia e obradoiro permanente en Bruxas.

Neste ano, pinta "Leal Souvenir" e asemade o retrato perdido de "Xacoba de Baviera".

En 1433, pinta o "Home do turbante vermello", no que aparece por vez primeira o seu lema de pintor: "ALC IXH XAN", que traducido di:"O mellor que podo". Casa con Margarete van Eyck a quen pintará 1439.

En 1434, por encargo de Giovanni Arnolfini, o artista pinta O matrimonio Arnolfini. Tamén nace o seu primeiro fillo.

En 1435 viaxa ao Congreso de Arras, para retratar aos participantes. Durante a súa estadía, realiza o "Retrato do Cardeal Niccolò Albergati".

En 1436, conclúe as obras "Virxe do cóengo Van der Paele" e "Retrato de Jan de Leeuw".

No ano 1437, remata o "Tríptico de Dresde".

Entre 1438 e 1439 conclúe o "Retrato do Cardeal Niccolò Albergati" e a "virxe da Fonte.

Traballo editar

Influído por Claus Sluter e os irmáns Limbourg, desenvolveu a súa actividade artística en Bruxas. Na súa obra mestura o tema relixioso cos retratos, no primeiro tipo de obras o ambiente é palaciano mentres que no segundo teñen un carácter máis burgués.

Van Eyck trata a luz e o espazo de forma unitaria, ligando obxectos e figuras nunha atmosfera real e continua. Perfecciou a pintura ó óleo, usando aceites de liñaza e de noz, que secaban axiña, o que lle permitiu aplicar capas superpostas de pintura co que consegue crear efectos de transparencia espectaculares polo seu realismo.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar