James Walter Christy

astrónomo estadounidense

James Walter Christy, nado en 1938, é un astrónomo estadounidense. É mundialmente coñecido por descubrir a primeira lúa de Plutón, co nome de Caronte, no ano 1978.

Infotaula de personaJames Walter Christy

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de setembro de 1938 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Richmond, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do Arizona (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónastrónomo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorObservatório Naval dos Estados Unidos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
James Christy (a esquerda) e Robert Harrington (a dereita) no ano 1978.
Imaxe onde se atopou Caronte, é a zona irregular que sobresae na parte superior da imaxe esquerda.

Descubrimento de Caronte editar

O 22 de xuño de 1978, mentres traballaba no Observatorio Naval dos Estados Unidos (USNO) revisando en Washington chapas fotográficas obtidas polo reflector astrométrico Kaj Strand de 1,55 metros (61 polgadas) da Estación Flagstaff da USNO (en Arizona), descubriu que Plutón tiña unha lúa, á que chamou Caronte [1]. O descubrimento foi resultado do atento exame dunha ampliación dunha chapa fotográfica de Plutón ao entender que había unha protuberancia moi lixeira dun lado. Esta chapa xunto con outras foran cualificadas coma "pobres" porque a imaxe alongada de Plutón considerábase un defecto resultante do mal aliñamento do telescopio do Observatorio Naval dos Estados Unidos en Flagstaff. Christy decatouse que só Plutón estaba alongado, mentres que as estrelas de fondo non o estaban, o cal descartaba o presunto erro de aliñamento. Como o seu traballo anterior no Observatorio Naval fora na fotografía de estrelas dobres, entón custionouse que esta protuberancia podía ser unha lúa compañeira de Plutón. Púxose a examinar imaxes dos arquivos do observatorio dende 1965, concluíndo que se trataba de feito dunha lúa. As chapas de 1965 incluían xa daquela unha nota que dicía "imaxe de Plutón alongada", pero os astrónomos do observatorio, incluíndo Christy, asumiron que en realidade eran erros de aliñamento ata 1978.

O descubrimento confirmouse oficialmente despois de calcular a órbita de Caronte, e as posíbeis eclipses mutuas entre Plutón e Caronte, no intre en que foron observadas as eclipses; e fíxose público formalmente o 7 de xullo de 1978, á comunidade astronómica, na Circular 3241 da IAU[2].

Os actuais telescopios, coma o Telescopio espacial Hubble ou os telescopios terrestres con óptica adaptativa, resolven con facilidade o sistema duplo Plutón-Caronte.

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2013. Consultado o 01 de xaneiro de 2012. 
  2. http://www.cbat.eps.harvard.edu/iauc/03200/03241.html

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar