James Rainwater
Leo James Rainwater, nado o 9 de decembro de 1917 en Council (Idaho, Estados Unidos) e finado en Nova York o 31 de maio de 1986, foi un físico estadounidense galardoado co Premio Nobel de Física do ano 1975.
Traxectoria editar
Naceu na cidade de Council, situada en Idaho. En 1918, despois da morte do seu pai pola epidemia de gripe española, a súa familia trasladouse ata Hanford, no estado de California. Alí estudou física no Instituto Tecnolóxico de California, onde se licenciou en 1939 e, posteriormente, conseguiu o doutoramento na Universidade de Columbia en 1946. En 1952 foi nomeado profesor de física na Universidade de Columbia.
Investigacións científicas editar
Durante a segunda guerra mundial entrou a traballar no proxecto de desenvolvemento da bomba atómica. A partir de 1949 comezou a desenvolver a súa teoría de que, contrariamente ao que entón se cría, non todos os núcleos atómicos son esféricos. As súas ideas foron probadas e confirmadas máis adiante por Aage Niels Bohr e os experimentos de Ben Roy Mottelson realizados no Instituto Niels Bohr de Copenhague (Dinamarca).
James Rainwater tamén contribuíu na comprensión científica das radiografías e participou na Comisión da Enerxía Atómica dos Estados Unidos e proxectos de investigación navais por decisión do goberno dos Estados Unidos.
En 1975 foi galardoado, xunto a Aage Niels Bohr e Ben Roy Mottelson, co Premio Nobel de Física.
Leo James Rainwater morreu o 31 de maio de 1986 na súa cidade natal de Council.