James Roberto Johnston (nado o 25 de abril de 1980 en Kilmarnock, East Ayrshire) é un baixista, vocalista e compositor escocés coñecido polo seu traballo coa banda de rock alternativo Biffy Clyro.

James Johnston
Nome completoJames Roberto Johnston
Data nacemento25 de abril de 1980 (43 anos)
Nado enKilmarnock, East Ayrshire Escocia
IrmánsBen Johnston
Ocupaciónmúsico, compositor de cancións e cantante
Instrumento(s)baixo, voz, sintetizador
Relacionado conBiffy Clyro, Marmaduke Duke
Na rede
http://www.biffyclyro.com/
Musicbrainz: 61ab1d24-288e-4039-b2f2-fabdcc7949a5 Discogs: 896580 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Johnston naceu e medrou en Kilmarnock co seu irmán xemelgo Ben (batería de Biffy Clyro), e o seu irmán máis novo Adam Johnston (tecnico de batería da banda).

Comezou a tocar o baixo co seu amigo do colexio Simon Neil e o seu irmán Ben nunha banda chamada Screwfish en 1995. A banda acabaríase convertendo en Biffy Clyro e Simon mudouse a Glasgow mentres Ben e James quedaron en Ayrshire. Ao pouco tempo foron descubertos polo representante Dee Bahl e asinaron coa discográfica Beggar's Banquet no ano 2001.