James Igbekeme

futbolista nixeriano

James Omonigho Igbekeme, nado en Lagos o 4 de xullo de 1995, é un futbolista nixeriano que xoga como lateral esquerdo na Ponferradina, da Primeira División RFEF.

Igbekeme
Información persoal
Nome James Omonigho Igbekeme
Nacemento 4 de xullo de 1995
Lugar de nacemento Lagos, Nixeria
Altura 1,70 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Ponferradina
Número 6
Carreira xuvenil
All Star
Lapa Golden Star
GD Ribeirão
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2013–2015 GD Ribeirão 43 (2)
2015–2017 Oliveirense 55 (10)
2017–2018 Gil Vicente 32 (5)
2018–2023 Zaragoza 96 (4)
2022 Columbus Crew 23 (0)
2023 Wisła Kraków 14 (1)
2023– Ponferradina 15 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 26 de xaneiro de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nacido en Lagos, comezou a xogar ao fútbol nun equipo chamado All Star, pasando logo por unha academia de fútbol, antes de ingresar no Lapa Golden Star.[1][2] A continuación deu o salto ao fútbol europeo, ingresando na canteira do do GD Ribeirão portugués, e na tempada 2013/14 debutou co primeiro equipo no Campionato Nacional de Séniores, terceira categoría do fútbol luso. En 2015 fichou polo Oliveirense, da Segunda Liga, no que militou durante dous anos, fichando en xuño de 2017 polo Gil Vicente, co que acabou descendendo.[3]

En xuño de 2018 recalou no fútbol español, asinando un contrato de catro anos co Real Zaragoza, da Segunda División.[4] Foi titular na maioría e partidos da súa primeira tempada no club aragonés, participación que foi caendo durante os seguintes anos, debido principalmente ás lesións. Con todo, disputou un total de 104 partidos co equipo de Zaragoza, nos que marcou catro goles.

En xaneiro de 2022 foi cedido ao Columbus Crew da Major League Soccer, onde xogou ata decembro.[5] No verán de 2023, tras unha breve cesión ao Wisła Kraków, rescindiu o seu contrato co Zaragoza e asinou como novo xogador da Ponferradina, da Primeira División RFEF.[6][7]

Notas editar

  1. "James Igbekeme, a fondo" (en castelán). 29 de novembro de 2018. Consultado o 26 de xaneiro de 2024. 
  2. "La 'saudade' positiva del silencioso James" (en castelán). 10 de outubro de 2019. Consultado o 26 de xaneiro de 2024. 
  3. "Gil Vicente começa trabalhos em campo com cinco novidades" (en portugués). 28 de xuño de 2017. Consultado o 26 de xaneiro de 2024. 
  4. "James Igbekeme, nuevo jugador del Real Zaragoza" (en castelán). 12 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xaneiro de 2024. 
  5. "James Igbekeme se marcha cedido al Wisla Cracovia" (en castelán). 22 de febreiro de 2023. Consultado o 26 de xaneiro de 2024. 
  6. "Finaliza la relación contractual entre el Real Zaragoza y James Igbekeme" (en castelán). 10 de agosto de 2023. Consultado o 26 de xaneiro de 2024. 
  7. "James Igbekeme se incorpora a la SD Ponferradina" (en castelán). 10 de agosto de 2023. Consultado o 26 de xaneiro de 2024.